Toralla libre e para todos | Vigo

Toralla a illa esquecida e a illa para privilexiados

ilcanallarubens_toralla.png

Así titulo este artigo: Toralla libre e de todos

Eu non atopo explicación mais que a busque e investigue como en Vigo todas as construcións bochornosas de Franco o ditador foron derrubadas mentres segue en vida unha que debería irse á merda e esa unha é o edificio de Toralla, que por certo o edificio de Toralla esta posto como o 9 edificio mais feo e horrible mais espantoso de toda España.

Non entendo como a cruz do Castro non a derrubaron aínda coa lei de memoria histórica. Non entendo porque o scalextric foi derrubado, o cal se empezou a construír en 1976, 70.000.000 de pesetas e 4 anos despois detivéronse as obras, e empezouse a desmantelar metro a metro en 1986 durante 6 meses e cun custo de 90.000.000 das antigas pesetas… unha auténtica tolemia… no 86 do Boletín de Información Municipal (BIM), case monográfico dedicado á demolición do scalextric, que comezaría o 26 dese mes. O seu articulo titular «Vida, paixón e morte do scalextric». Da concepción ciclópea do Imperio, a Vigo quedou o scalextric, como cuña de progreso fascista atravesado na súa garganta urbana.

Volvendo ao de Toralla a soberbia é o principal dos pecados capitais. Quen incorre nel crese por encima de calquera autoridade ou poder. A torre de Toralla, e volvo incorrer que foi construída nos estertores do Franquismo, quedou para a posteridade como exemplo de burla á lei grazas aos ricos compradores de políticos de alto Standing e de baixo Standing. En España non existe as illas privadas ou non existen praias privadas xa que a costa é de todos pero bo neste caso nesta illa esta restrinxida o acceso ao pobo de Vigo cando as illas son publicas non privadas, bo mais ben soamente o pobo pode acceder a dous areais da illa: WoW Que chachi!!.

Dáme noxo a soberbia da xente que di que lle gusta a imaxe que se ve desde a praia do Vao ou desde Samil, esa imaxe que é das mais fotografadas, esa imaxe do atardecer ou anoitecer cando seria unha fotografía mais bela sen esa bochornosa torre construída por en a época escura de España ou sexa a do ditador e aínda por encima os políticos de todas as cores tantos pasados e presentes poñen como imaxe esa illa cando esa imaxe das guías de turismo da cidade debería desaparecer, tal como faise en España xa que en España é coñecida por eliminar restos de historia ou mais ben de borrar historia, os políticos da suposta transición empeñáronse e esforzáronse por supostamente quitar cousas construídas na época escura española.

Véxase por onde se vexa a Illa de Toralla é un dos exemplos máis ilustrativos dun bo atentado terrorista meidoambiental. En Vigo é unha das mostras ilustrativas do que é capaz dona “especulación”.

Nun marco incomparable como é o da ría de Vigo, sitúase este fermoso arquipélago que constituía non fai moito unha das máis belas estampas da nosa cidade. Porque hoxe en día esta preciosa illa atópase urbanizada.

No 65 cometeuse nela un auténtico atentado ecolóxico e permitiuse a construción dunha desproporcionada torre de 70 metros de altura e máis de 30 chalés. Estas construcións poboan o seu territorio esnaquizando esta gran paraxe natural e impedindo aos cidadáns do seu libre goce.

Pasaron os anos e ata o século XIX non se ten constancia da propiedade da illa. Ata o ano 1836 Toralla pertenceu ao Mosteiro de Celanova. Ese ano produciuse a desamortización de Mendizábal, e unha vez desamortizada a illa é comprada polo Marqués de Elduayen, daquela deputado provincial por Pontevedra. Tras a morte de Elduayen os seus familiares deciden vender a illa á empresa Thenaisie Provote. Esta empresa instala unha factoría de salgadura da que hoxe aínda se conserva a plataforma pola que subían as gamelas para depositar o peixe.

En 1884 créase a sociedade Cordelera Ibérica, fábrica de cordaje que constitúe a primeira construción moderna que se produce na illa. A industria era das que facían a cordelería máis longa de Europa, e chegou a ter entre os seus socios ao político Eugenio Montero Ríos e ao fabricante galego Matías López.

A Cordelera Ibérica tivo que pechar nos primeiros anos do Século XX. A súa materia prima prodecía da Illas Filipinas. Como en 1898 España perde a illa, a fábrica ten que importar a mercadoría doutros países, resultando bastante máis caro e facendo que a industria deixase de ser competitiva. Despois, Toralla pasou á familia Lameiro e en 1910 a illa é adquirida por Martín Echegaray.

Echegaray, un vigués enriquecido en Arxentina, acolleu na illa a moitos vigueses que estaban dispostos a promover o tranvía. Unha vez instalado o tranvía en Vigo, sábese que aceptou excursións á illa por 2,50 pesetas. Á morte de Echegaray en 1931, os seus descendentes refuxiaron na illa a algún perseguido, caso do mestre e xornalista Apolinar Torres (ao que fusilarían os franquistas en agosto de 1936) ou o industrial Eugenio Fadrique.Á súa morte, Martín Echegaray tiña máis dun trintena de herdeiros aos que a empresa Toralla S.A. puxo de acordo para comprar a illa en 1965.

Para conseguir grandes beneficios do terreo comprado, construíuse unha enorme torre de 70 metros cuxa autoría correspondeu ao gran arquitecto Xosé Bar Bóo. A pesar das críticas que puidese sufrir o arquitecto, ao seu favor débese dicir que decidiu asumir o proxecto porque outro alternativo habería constituído unha maior pantalla. Aínda así, ao final terminou mal cos promotores daquela obra.

Distribución da Illa de Toralla desde o 2006

Distribución da Illa de Toralla desde o 2006

A empresa ademais conseguiu unha concesión da illa de 99 anos. Ao principio a illa era de uso privado pero unha sentenza do Tribunal Supremo deu a razón ao Concello de Vigo e permitiu que os cidadáns puidesen acceder ás praias.

Hoxe a illa que ocupa 5 hectáreas, está dividida nunha zona pública e outra privada. A parte pública a forma a praia de area fina de 200 metros de longo por 20 de ancho. O resto é todo propiedade privada: vivendas e un parque que ocupa un terzo da illa.

Eu desde o meu pagina web e institucións son un de moitísimos dos que desde hai anos leva loitando pola destrución da torre e os chalés que aí están, Desde varios colectivos cidadáns esíxese ás administracións públicas a desprivatización da illa. E é que un paraíso natural como ese debería ser gozado por todos os vigueses.

A que estaba ben fermosa a illa sen a torre? Pois loitemos para que a tiren e ese espazo sexa goce dos vigueses non da clase alta.

#TorallaDeTodos #TorallaLibre #NaturalezaParaTodos

Rubens Rocha [@ilcanallarubens]

Fontes consultadas arquitecturavigo e hemerotecas.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: