O concello de Vigo e o sua socia chamada Xentrificacion, a mostra o Barrio do Cura

 

“Paseando polo camiño da Barroca dende a Ribeira do Berbés, paro a beber na fonte do mesmo nome. Quero probar a súa auga porque din que é máxica e parece que é certo pois cando remato de beber e empezo a camiñar cara á porta da muralla da Falperra doume conta de que a cada paso que ando van pasando os anos rapidamente, como se fora un meigallo.
Ó chegar vexo unha nova Fonte na Falperra e todo está cambiado ó meu redor, por todos lados parecen querer empezar formarse construccións horribles que tapan o ceo e as vistas cos seus grises, así que decido coller o camiño que vai directamente dende a Falperra ata a igrexa de San Francisco, para rezar e quitarme este meigallo que parece obra do demo. Sigo por este camiño que para min é tan coñecido ou máis que o camiño da Barroca e deixo á dereita un grande asilo de anciáns, baixo as escadas do que parece ser o Barrio do Cura, paso entre preciosas casas baixas de Pedra, escada tras escada, e continúo logo o camiño comunal que segue perfectamente marcado polo medio das leiras dos curas, saíndo directamente a Santa Marta. Ó chegar alí miro atrás e o camiño desaparece xunto coas leiras e hai monstruos que ruxen guiados por homes, levantando o que parece ser o pai de todas as edificacións horribles que vira antes, coido que estou a ver ó demo. Comezo a rezar e, sen querer, no meu subconsciente lembro as historias que contaba a miña avoa sobre a Ermida e que pasaron de xeración en xeración e doume conta de que o tempo volve empezar ir para atrás ó facer iso; e canto máis tempo recordo as historias, máis para atrás volvo no tempo. Así que vou seguir recordando a historia para volver ó meu tempo e á miña historia.”

Todos sabemos do mamotreto elitista de casas con vistas ao mar para ricos, estilo Marbella e do outro típico e vulgar centro comercial máis ou comecartos xigante que nos queren impoñer, no Centro Histórico de Vigo, o alcalde Abel Caballero e o exfutbolista do Celta, e agora home de palla da especulación inmobiliaria de luxo, Karpin.

Pois ben, este é o relato dos aniquiladores que queren matar esta historia, a historia de Vigo, a nosa historia e a nosa identidade e para que?, pois para encherse os seus petos:

En 1572 é doada polos monxes Bernardos ou Cistercienses de Melón aos Franciscanos a Ermida de Santa Marta, chamada polo menos ata 1411 Ermida de Santa Eugenia e é tan antiga que se remonta como mínimo ao século XI, onde aparece por primeira vez na historia escrita. Ademais da Ermida, dóanlles as viñas, ata seis cavaduras e as terras anexas próximas para levantar o convento e facer hortas. Todo isto concédeselles de forma graciosa aos franciscanos, casando a viña e as terras coa Ermida, para que a seu goze e as súas rendas sexan entregadas aos pobres. Si, aos pobres.

Non é irónico que agora boten por centos de pobres á rúa?

Nunha época na que en Vigo a maioría somos pobres, lexitimamente o pobo reclama a terra que antes xa lle foi dada e, por tanto, é súa e non desexa que se lucre unha minoría rica, como outrora. O pobo reclama que todo ese espazo sexa público e sexa para o goce colectivo.

O terreo, agora chamado “Horta do Berbés”, foi e é xestionado por numerosos colectivos e asociacións da cidade, ademais de por quen queira, mediante unha asemblea aberta e xa se está traballando, desde hai anos, como unha gran Horta Comunitaria Okupada Autoxestionada (a primeira de Vigo na que calquera pode participar sen ningún requisito previo e da que o propio alcalde Abel Caballero tomou bo exemplo para crear as súas burocráticas “hortas urbanas” prefabricadas no resto da cidade).

No edificio (antigo asilo dos anciáns desamparados, aos que os avariciosos curas e monxas roubaban todos os seus bens en vida e en testamento con enganos) agora viven centos de persoas que non teñen onde ir, xa que o último gran albergue feito polo concello é de xoguete e non ten capacidade para case ninguén, por non falar dos seus días de máxima permanencia ou tempos rotativos e outros requisitos tan pouco éticos para persoas que necesitan unha vivenda e estabilidade real para saír da marxinación. Así que o máis recomendable e xusto é facer deste lugar un bo Hospital no centro da cidade, cun albergue no seu interior e unha zona de vivenda independente para o internamento, seguimento e tratamento dos drogadictos (a poder ser con medios máis naturais e humanos que os que usan agora no esperpéntico CEDRO e o resto de irrisorios servizos sociais de Vigo).

O edificio, lonxe de estar en ruínas (como lles gustaría ás “persoas” que mandaron serrar todas as enormes vigas do tellado para que caese e a auga derrubáseo todo, ou a esas mesmas “persoas” que pagaban, de cando en vez, aos drogadictos 20 euros ou menos por plantarlle lume ao edificio ou a outras casas do barrio), ten a estrutura perfecta segundo a opinión de todos os arquitectos consultados.

E as casas na contorna do barrio agora están deshabitadas, por culpa dos enganos dos comerciais de Karpin aos seus propietarios para que se fosen con falsas promesas que caducaban e outras reviravoltas como a propiciación por parte do concello para que este sexa unha gran contorna de drogadicción e marxinalidade, ademais dunha zona ruinosa, falsamente declarada masivamente como tal (como fixeron hai pouco novamente na contorna da rúa Santa Marta con vivendas en perfecto estado e habitadas). Habería que rehabilitar as casas e cederllas a persoas que non poden pagar as súas vivendas, como os membros da PAH (Plataforma de Afectados pola Hipoteca) en Vigo.

“Ou pobo é quen máis ordena”, por iso isto é só o comezo desta historia, porque esta historia comezou polo seu final e esta vez non imos rezar.

Una respuesta a “O concello de Vigo e o sua socia chamada Xentrificacion, a mostra o Barrio do Cura

  1. Pingback:Barrio do Cura: cronoloxía da xentrificación en pleno corazón de Vigo | Rubens Rocha

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: