ை Concentración contra a discriminación laboral das embarazadas no Sevizo Galego de Saude

ilcanallarubens_sergasConcentracion de Non á discriminación laboral das embarazadas no Sevizo Galego de Saude, que tivo lugar as 11 da maña de este día 20 de agosto na entrada de urxencias do Hospital Xeral de Vigo amosando a repulsa a este feito no cal se leeu este comunicado que vades a leer.

Non á discriminación laboral das mulleres embarazadas no SERGAS.

Este verán nas contratacións do Hospital Xeral aconteceu un feito moi grave. A unha
celadora embarazada non lle deixaron asinar o contrato tras o informe da unidade de prevención de riscos laborais (UPRL) declarandoa non apta, cando o procedemento a seguir seria adecuarlle o posto de traballo ou facilitarlle a baixa por maternidade. Tratase de protexelas e non de mandalas para a casa negandolles o dereito a un posto de traballo.
Estar embarazada nom é estar enferma, e tense todo o dereito a un posto de traballo, o contrario é cometer un acto de discriminación laboral e sexista vulnerando un dereito fundamental.
Dende o Poder, dende os que gobernan a economía e pretenden gobernar as nosas vidas, decidiron que o modelo de igualdade de mulleres e homes, o modelo da independencia e da autonomía das mulleres non é rentable para os seus intereses, e pretenden impor un modelo tradicional, no que as mulleres asuman o rol familiar e os homes sustentadores o de ‘cabeza de familia’. Un acordo da dereita política e económica que vai, por suposto, da man da Conferencia Episcopal sempre esperando a súa oportunidade para esmagar vidas e liberdades.
Neste modelo vai afondando o Partido Popular, no estado e na Galiza, con cada norma, con cada reforma, con cada recorte, cada vez que un dos seus fala libremente para amosar “a súa superioridade intelectual fronte a unha muller”. Así son e así se manifestan.
Queren que volvamos a ter a consideración de mulleres coidadoras, pechadas na casa, incapaces de decidir, mulleres dependentes e necesitadas esperando a que nos digan o que podemos ou non podemos facer. Mais hoxe, as mulleres traballadoras, as mulleres que enfrontamos as nosas vidas, con toda a enerxía e coraxe, non estamos dispostas a dar ningun paso atrás na conquista dos nosos dereitos.
Por eso dende a Plataforma Galega polo Dereito Aborto e dende os Sindicatos: CCOO, CIG-Saúde e UGT fazemos un chamado a denunciar enerxicamente o feito, de negarlle a unha muller no SERGAS o dereito a un posto de traballo por estar embarazada, pois sentaria un precedente gravísimo en recortes de dereitos das mulleres e do dereito ao traballo que non estamos dispostas nin dispostos a tolerar.

Convocaron:
Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, CCOO, CIG-Saúde, UGT.

Rubens Rocha [@ilcanallarubens]
#DiscriminacionCero #Sergas #EmbarazosSergas #Vigo
 
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: