ை Erradiquemos a cultura da violencia machista

IlCanallaRubens_ErradiquemosACulturaDaViolenciaMachistaA CIG coa colavoracion da Concelleira de Igualdade, Politicas de Benestar e Normalizacion Linguistica do concello de Vigo o luns 24, ás 19.00 horas, convocou unha concentración ante o museo arte contemporánea M.A.R.C.O.. A cal asistirión un centenar de persoas co motivo do “Día Internacional de eliminación da violencia contra as mulleres”.
O sindicato convocou baixo ou lema “Erradiquemos a cultura da violencia machista”. Nesta concentración se realizou unha representación en repulsa contra a violencia de xenero, durante todo o mes de novembro, os locais da CIG acolleron sete siluetas a tamaño real polas mulleres asasinadas en Galiza e outra por todas as que están desaparecidas estas mesmas tamén estiveron na entrada ao museo.
Esta concentracion feita pola Secretaría da Muller da CIG que ven denunciando a eliminación da violencia contra as mulleres, foi unha xornada nacional de loita con concentracións nas sete cidades. As mobilizacións realizaronse o propio martes 25, agás no caso este de Vigo que está foi convocada para luns 24, coincidindo co peche do curso de Empoderamento.
A campaña da CIG baixo o lema “Erradiquemos a cultura da violencia machista” ten por obxectivo visibilizar publicamente este feminicidio, identificando comportamentos, actitudes e ideas discriminatorias, que forman parte da cultura da violencia contra as mulleres, entendendo que “para erradicar a violencia machista é preciso detectar o machismo, crear conciencia e mudar condutas”, en palabras da Secretaria da Muller da CIG, Margarida Corral.
A pretensión da central sindical é que cada quen, mulleres e homes, fagan unha auto avaliación, identificando actitudes habituais que agochan un claro ou sutil machismo, “xeitos non evidentes de reproducir roles sexistas”, tendo presente que o machismo non é só a agresión física a unha muller. “A violencia non só implica golpes, tamén inclúe as ameazas, a arrogancia, as descualificacións, a discriminación, o abuso verbal, o abuso emocional, o acoso…”, afirma.
Ademais, con esta campaña quérese lembrar as 7 mulleres galegas asasinadas a mans das súas parellas e exparellas. “Na súa honra, durante todo o mes de novembro nos locais sindicais da CIG das 7 cabeceiras de comarca temos colocado 7 siluetas dun metro sesenta de altura, identificadas co seu nome e o nome de quen as asasinou, en lembranza e homenaxe ás 7 vítimas do machismo”, explicou Corral.
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: