ை Atopar o amor na historia verdadeira

IlCanallaRubens_asilobarriodocuravigo

Escura Detroit Viguesa do inventado, do perdido, terei que buscar, non cesar, soidade, amor, a cegas, confiarei na capacidade dos meus oídos para lograr atopar o perdido e poñelo onde inventan cousas pero o ruído nos meus oídos crávanse como coitelos.
Detroit Viguesa tratarei de escoitarte para distinguir os teus pasos entre ruídos, paren as humanizacions, paren as demolicions, aínda que mo poñas difícil, recoñecereite, sen verte, asegúrocho, polo triste queixume da historia que intentan sepultar baixo o granito rosa Porriño, o teu corazón ferido tratarei de recompoñelo.
¡Corazón extraviado!
Como o meu, que moito sabe de amor polo perdido, entre o granito e o formigón loitaré pola túa honradez, se que é amar a loita por unha nación sen estado, se que é o amor porque o vivi e espero volvelo a vivir, dende un tempo loito por poñer a historia verdadeira e botar a esa estafa de historia da Detroit Viguesa.
Reunámonos entre as sombras para renacer á luz e deixar de lado o tacto do diaño, para dar lugar ao cruzamento pupilar que mantén viva a esperanza de que algún día o perdido sexa a maldición para aqueles especuladores e corruptos sexan recordádevos como falsos habitantes da Detroit Viguesa.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: