ை O Bernardo Alfageme ten que ser respetado e valorado.

Ilcanallarubens_MuseDoMar

Estimados lectores e lectoras do meu espazo web, como ben saben na rotonda de Coia queren poñer o barco Bernardo Alfageme contarlles algo que seguro que para a maioría de vostedes non saberán pero bueno malo será que desde agora deixe de existir ese descoñecemento.
Na Vila de Bouzas e no seu contorno Alcabre, como saberán hai un museo denominado do MAR, no paseo dos peixes de Bouzas nos primeiros pantalanes hai unha mostra incrible de embarcacións históricas de madeira, a cal os cidadáns poden gozar totalmente e gratuitamente, descoñezo o custo de manteamiento desa mostra de embarcacións de madeira xa que iso é o de menos, o importante é que esa parte da historia do naval pode ser gozado polo pobo mentres que no caso do Bernardo Alfageme poñéndoo nunha rotonda non o poderá ser gozado pola cidadanía.

Segun o pleno do concello do ano 2002, nese pleno foi onde se acordou por unanimidad aceptar a donación do Bernardo Alfageme para dedicalo a fins culturais. Ata onde me chega o sentido común o devandito anteriormente de fondear o barco nunha rotonda como forma de ornamento non pode ser entendido como un fin cultural. Salvo que aos vigueses e viguesas tómennos como aves e podamos voar desde a beirarrúa ata a rotonda ou en caso extremo que nos tomen como parvos.

Creo personalmente que o buque Bernardo Alfageme construído nos anos 40 nos astilleros BARRERAS, un buque histórico que partiu desde o porto de Vigo e fixo longas travesías polos mares do mundo debería estar na contorno do museo do MAR que xa como o comentado anteriormente estaría moi ben que os vigueses e viguesas poidan gozar e se cumprise o pactado no pleno do concello como tamen se pode gozar das embarcacións que hai no paseo.

O Bernardo Alfageme podería ser visitado como se fan noutros museos como o que hai na vila de Bueu da conservera Masso, onde asisten os escolares a mirar a historia da súa cidade como tamén os turistas que se acheguen a esa vila, onde se poida usar o barco como unha escola como fan nas granxas esocolas que hai por toda a nación de Galiza con fins culturais non como ornamento nunha rotonda.

Por outra banda cando o museo do MAR abriu as súas portas por alo do ano 2000 logo de dous anos e medio de obras, cando acedias polo recinto do museo máis baixando a súa rampa o primeiro co que che atopabas era cunha maqueta do museo onde podías ver como estaba distribuído, a man dereita unha embarcación histórica a cal hoxe en día non existe non esta e non se sabe a donde foi parar e esa embarcación é esa embarcacion e a que encabeza esta nota, eu descoñezo a seu paradero e iso que estiven preguntar e preguntar, esta embarcación estaba posta naquela parede que estaba adornada con nomes, pero bueno no museo do MAR actualmente non esta posto cara o publico non esta desde fai un bo tempo.

E con isto termino o que é esta nota, espero e agardo que o buque histórico Bernardo Alfageme non termine como o barco tristemente en paradero descoñecido que encabeza esta nota.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Imaxes do pantalán onde poden gozar da exposición das embarcacións de madeira.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: