ை Censura no ensino Galego

IlCanallaRubens_meme_CanonAEDE_Galiza.jpg

Hai uns meses falando con tres persoas do que ía supoñer o #‎CanonAEDE‬, esas persoas me dixerón que tiña que interpretar e logo estudar cando esa forma de falar é de arrogantes o de seres superiores cando eu son un simple humilde programador en sistemas informáticos que ten de ocio documentarse durante a noite.

Cando saco documentación en reunións ou estando entre amigos nunha plazoleta case sempre me chaman esaxerado por falar sinceramente e honestamente sen filosofar xa que iso soamente o uso para cando teño o meu anaco de escritor.

Resulta que na devandita conversación dixen que os colexios de Galiza ían ter prohibido o uso de audiovisual polo devandito canon e resulta que iso nesa conversación con tres persoas o dixen en Setembro e a Consellería de Educación remitiu aos centros educativos unha circular a finais de decembro para recordalos que non reproduzan PELÍCULAS ou CALQUERA outro tipo de MATERIAL AUDIOVISUAL. E é que a nova Lei de Propiedade Intelectual insiste neste tipo de infraccións e nos últimos meses determinadas entidades que xestionan os dereitos dos produtores audiovisuais puxéronse en contacto coa consellería preocupados de que algún centro non teña suficiente coñecemento da normativa, «ou quepodería conlevar, con ou sen intencionalidade, a unha vulneración dous dereitos de propiedade intelectual».

Dende a Xunta aseguran que os centros xa non poden reproducir de forma íntegra unha obra audiovisual, polo que a circular se emitiu para que non o esquezan tras a entrada en vigor da lei. Parece que os tempos cambiaron dende que nas aulas se proxectaban películas completas, documentais ou series. Actualmente, o profesorado de educación regulada non necesitará a autorización do autor ou o editor para distribuír ou reproducir pequenos fragmentos, pero só cando o faga no ámbito educativo; en horario lectivo, é dicir, non como actividade extraescolar; non sexa un fragmento pequeno, e como pequeno se define «un extracto ou porción cuantitativamente pouco relevante sobre o conxunto desta»; e cando a obra estea xa divulgada -nada de extractos de películas sen estrear- incluíndo o nome do autor e a fonte «salvo que resulte imposible».

A circular da Consellería de Educación establece que só así os xestores de dereitos non poderán esixir autorización previa aos centros, nin compensacións económicas posteriores. Pero no caso de que se proxecten integramente sen autorización, non entraría nas excepcións que introduce o artigo 32 do Real Decreto 1/1996, do 12 de abril, e no que se permite facelo con fins educativos.

O certo é que a circular xerou debate nos foros de profesores, que recorren a documentais e películas para traballar cos alumnos distintas temáticas. Nin sequera teñen moi claro se as que non poden proxectarse son as películas que o centro ou o profesor posúe, pero si aquel material legal que está en Internet.

Dende a propia Consellería de Educación, non obstante, apuntan que non se presentaron queixas ou denuncias por parte dos xestores dos dereitos «porque os centros xa sabían que só poden exhibir fragmentos e con fins educativos».

Con isto dito a verdade que a mellor forma de falar aínda que non guste é ser claro, conciso, honestamente e sinceramente sen necesidade de empregar a filosofía ou ser un erudito, tal como di un dito: O pasado esta nos pasos dados, o presente na acción e o futuro á volta da esquina e sobre o mesmo camiño actúa canto antes.

E moi lamentable que se poña trabas no ensino dos cativos e cativas.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Fontes: A red de redes, La voz de Galicia e o meu sentimento.

#NonACensura #CanonAEDE

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: