ை A revolución das mandarinas e poemas.

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOs vigueses e viguesas mobilízanse contra a dilapidación dos cartos públicos e tamén na memoria dun emblema da cidade o cal se ve insultado ao poñerse nunha rotonda, cando ese emblema da cidade necesitaría o recoñecemento das institucións, o millor recoñecemento é o de estar nun museo para que todos os cidadáns o poidan gozar a centímetros de distancia para ver como traballaban e vivían naquel entón os mariñeiros, eses mariñeiros que polos mares levaron o nome da cidade.

Poñéndoo a uns metros de distancia non podería ser visitado e visto a centímetros, o Bernardo Alfageme debe ser respectado e recoñecido de verdade.

Os que nos opoñemos a que o buque se poña nunha rotonda, opoñémonos porque os cartos que se esta gastando nela realmente é máis necesario noutras cousas, cousas como máis axudas sociais, axudas sociais de calidade e efectivas.

Os que nos impoñemos a isto neste inicio de ano e finais do ano pasado estannos a criminalizar dende a parte da torre do concello como tamén os gardiáns que a custodian por só feito de estar a loitar polos dereitos das persoas.

A zona de Coia é a mais afectada por esta crise que nos esta azoutando na actualidade, unha crise sen piedade, unha crise sen escrúpulos.

A rotonda de Coia era a máis bonita e espectacular da Detroit Viguesa, a máis mimada e a mais coidada polo equipo de mantemento dos parques e xardíns da cidade e agora nestes momentos a rotonda esta sen alma, a alma que cada un operario de cespa puxeron para que aquela rotonda bonita, agora xa non ten esa alma, agora tan só esa rotonda séntese maldade.

Este venres os vigueses e viguesas necesitan do voso apollo. NON FALTEDES. Levar barquitos de papel que fagades no obradoiro do día de hoxe a manifestación do venres.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

#‎Vigo ‪#VigoVerdade‬

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: