ை Manifiesto dun cidadan que di NON e BASTA XA.

IlCanallaRubens_manifestacionxustizasocial_vigo
Boas lectores e lectoras.

Como cidadán da Detroit Viguesa e implicado na loita pola igualdade como activista de movementos sociais me vexo na necesidade de contarlles neste post unha cousa que teño que expulsar do meu corpo xa que levo necesitando un tempo sen dicir.

Dende o mes de decembro 2014 estou inmerso nunha reivindicación, a reivindicación de pedir á Torre do Concello que respecte a un emblema da cidade como é o Bernardo Alfageme, que respecte os plenos do 2000 e 2005 onde se acordou que o buque Bernardo Afageme ten que ir destinado ao Museo do mar de Galiza situado en Alcabre en Vigo, como tamén se respecte os dous plenos acontecidos no pasado ano 2014 onde tamén ratificaban coa votación do PP (Partido Popular) e o BNG (Bloque Nacionalista Galego) que o devandito buque ten que ir destinado ao museo para que sexa gozado polos vigueses e viguesas.

A Torre do concello de Vigo gobernada polo PSdeG-PSOE (Partido Socialista de Galicia – Partido Socialista Obreiro Español) o seu gobernante chamado Abel Ramón Caballero Álvarez coñecido por Caballero empéñase saltándose os catro plenos aí mencionados a atracar de forma definitiva o buque histórico e emblema da pesca viguesa na rotonda de Coia, dicindo que “é un clamor popular de toda a xente”, dicindo que “todos os vigueses e viguesas así o queren”, que seria “unha homenaxe aos mariñeiros da cidade” xa que “a cidade carece do devandito monumento”…

Nos diarios Faro de Vigo como o Atlántico Diario e tamén La Voz de Galicia realizaron para os seus lectores enquisas para saber a opinión dos vigueses e viguesas ao respecto do atraque do buque na rotonda, e o clamor popular da xente din que un 70% ~ 81% segundo as enquisas dos devanditos medios informativos publicaron din un NON rotundo ao atraque do Bernardo Alfageme na rotonda de Coia, a pesar do que di o clamor popular da xente nas devanditas enquisas de máis de 1000 persoas que primeron a súa opinión segue ERRE que ERRE en atracar o buque facendo así caso omiso ao que os Vigueses e Viguesas queren.

Non conforme co que di o clamor popular que é un NON rotundo, di que seria unha homenaxe aos mariñeiros da cidade xa que a cidade carece do devandito monumento cando o mesmo inaugurou un o 19 de novembro de 2014 fai cuestión nada máis nin menos que 3 meses que o denomino: Na memoria e no recordo aos pescadores que deixaron a súa vida no mar –  A súa luz acompáñanos e guíanos. Facelo recordar tamén que a cidade deVigo dispón de máis que ese monumento que inauguro en Novembro de 2014, senón hai estes monumentos referidos aos profesionais do mar:

  • Monumento ao traballo do mar.
  • Monumento aos Os Redeiros.
  • Monumento de Cidade á Xente do Mar.
  • Placa do Concello de Vigo na memoria dos mariñeiros mortos ou desaparecidos no mar.

O alcalde da cidade de Vigo leva tantos anos na torre do Concello de Vigo, dende o 2007 ata a actualidade nin recorda as cousas que fai e feitos que acomete, no argot científico e da medicina denomínase que ten Alzheimer temporal e no argot da xente do común se chama memoria selectiva e o que padece de memoria selectiva se lle considera un trapalleiro.

Non me gusta que un alcalde diga textualmente “que é o clamor da cidade” cando esa frase delata unha imposición, imposición sobre as conciencias das persoas as cales non son autómatas, unha persoa manipula para acometer accións nun autómata pódese dicir que é un pequeno ditador (Eu sendo electrónico e programador en sistemas informáticos) dóeme consideralo así pero é unha forma dicilo, e eu NON son un autómata xa que NINGUÉN me dictamina unhas ordes ou uns parámetros, para iso están os palmeiros, palmeiro e unha persoa que fai o que o seu dono quere que faga.

Dende hai moito tempo o gobernante que esta na torre do Concello de Vigo non me representa, xa que incumpre o que eu considero que son as funcións que debe desempeñar un cargo así, ese gobernante que esta na torre do Concello de Vigo, esta facer unha cidade para os turistas, para a xente que vén dende fóra me de para os cidadans que a habita os 365 días do ano facendo asi segundo a súa frase “Vigo unha cidade bonita” a que vende unha e outra vez nos seus programas de Televisión e Radio.

Hai moito tempo séntome nesta cidade como un macaco nun zoolóxico onde nada máis nin menos que vén xente a mirarme cun previo pagamento nunhas taquillas.

Un alcalde ten que ver pola totalidade dos cidadáns, cidadáns que o puxeron no cargo que ocupa, un cargo que non é de valde senón de moita responsabilidade e os cidadáns cando falan e se manifestan son soberanos, eses cidadáns din NON ao atraque do buque Bernardo Alfageme na rotonda de Coia e piden que o diñeiro que se esta gastando na rotonda sexa destinado para as persoas que están en risco de exclusión social como as persoas que están a punto de perdelo todo.

Coia é unha das zonas da cidade de Vigo onde máis se respira a crise e moitos dos seus cidadáns a Torre do Concello de Vigo lles a denegou as axudas cumprindo todos os requisitos.

No día de onte tomaron máis de 1500 persoas as rúas para dicir que se respecte o que nos plenos se acorda como tamén a voz dos cidadáns. Non só pediu máis axudas sociais de calidade e efectivas o denominado xustiza social, senón tamén se berrou que os imputados por presuntos atentados contra a autoridade, DiegoXurxo son inocentes berrando unha e outra vez Xurxo e Diego somos todos.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

#XurxoSomosTodos #DiegoSomosTodos #Vigo #NONaoBARCOnaROTONDAdeCOIA ‪#‎Coia‬

Video mostra da manifestación do dia de onte

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: