ை Case un centenar de persoas pernotan ao raso en Vigo

IlCanallaRubens_InstalacionsDoBarrioDoCuraVigo_Indigencia

Imaxe do interior do vello Asilo de Ancians do Barrio do Cura. Foto ICR.

Case un centenar de persoas dormen cada día nas rúas de Vigo cifras dadas por unha fonte ben fiable a cal vou a deixar no anonimato pola súa petición. Servizos sociais da cidade saturados por falta de persoal, a Cruz Vermella desesperada para poder cubrir as necesidades da xente que se ve abocada ao pernotar ao raso… moitas asociacións ofrécenlles comida, e non obstante algúns rexeitan o auxilio do teito dos albergues xa que tan só neles te dan teito 10 días para pernotare pasado os 10 días bótan. Cada vez vexo máis indixencia na Detroit Viguesa, cada vez que saio andar pola noite polas rúas mais xente vexo en baixos comerciais durmindo como tamén en supórtales, xente que a crise lles deron ben duro nas súas vidas. Segundo me comentan algún cos que falei levan uns meses na indixencia como tamén falei con xente que levan moitos anos vivindo desa forma. Hai un sector ben pequeno que detrás desa elección de vivir na rua e ese e os das adiccións ou problemas mentais que minguan a súa capacidade de decisión, ou unha desconfianza das institucións por fracasos en experiencias anteriores. Algunhas persoas que pernotan na noite ao raso foxen das normas e os horarios normalmente son as persoas que están fartas de que as boten pasado os dez días no albergue. Andando polas rúas de Vigo e falando coas persoas sen fogar encontreime con persoas que teñen problemas de alcoholismo, coas drogas ou tamén cronificación da súa situación, como tamén me atopei xente que lle denegan unha e outra vez a axuda chamada RISGA. Hai moitos que levan tanto tempo na rúa que chegaron a un rexeitamento sistemático das axudas porque non entenden a vida doutro xeito. Cando a situación se volveu crónica, é máis improbable que as persoas sen fogar soliciten axudas. Esas persoas que o rexeitan é porque se trata de persoas que están minguadas psicoloxicamente pero esas persoas son totalmente rescatables como tamén as que teñen algún tipo de adicción, esas persoas non son plenamente conscientes do que están a rexeitar xa que a súa capacidade de decisión está minguada. Hai un amplo grupo co cal tiven o pracer de charlar que rexeitan conscientemente as axudas de auxilio dos servizos sociais xa que as súas experiencias non foron todo o bo que desexaban. Os servizos sociais da cidade de Vigo están moi saturados, as longas esperas no trato coa Administración estas persoas desespéranse ao non chegar a axuda que solicitan, a espera as demoras da administración fai que sexa moi difícil que deixen o alcohol cando viven nun albergue ou o fracaso na busca de emprego lles frustran, como a calquera. Esta maioria de persoas que piden axuda a un 40% lles e favoralbel a espera. E iso, unido á situación na que xa se encontran, supón para eles un fracaso aínda maior, ultimamente encontreime a moita xente que dorme nos caixeiros automáticos como en supórtales que levan dende o mes de Xullo de 2014 e algúns dende o mes de setembro de 2014 esperando o RISGA para saír da situación na que se encontran. O gobernante que esta na Torre do concello nos seus programas de televisión di que non hai ninguén durmindo nas rúas e quero dicirlle que mente, hai moita xente na rúa e cada vez máis. Xente que esta esperando polas axudas que tanto o menciona nos seus programas de televisión. A xente que esta na rúa pernotando non o fan como di o mito de que hai xente que vive na rúa porque o elixiu así. Ninguén está voluntariamente nesa situación e ninguén chega a vivir na rúa porque quere xa que detrás de cada persoa se esconde unha historia unha historia que é digna de escoitar, moitas das persoas que están na rúa están dispostas a realizar cambios para modificar a súa situación. O prexuízo que ten o gobernante da Torre do Concello ao dicir que non hai NINGUÉN durmindo nas rúas é totalmente falso. A xente que ten eses prexuízos esque non saben o que é loitar xa que viven baixo un teito no que non lle falta de nada xa que teñen recursos ou un apelido que che da todo feito co que quero decir e ter unha familia acaudalada, a xente que se ve abocada a estar na rúa loita por saír dela e esa xente non debe ser reixetada ou menosvalorala. Ao gobernante que di que non hai xente durmindo nas rúas da Detorit Viguesa diríalle que vexa as imaxes e que o dito neste post é totalmente verídico. Todo cidadán debe ser axudado xamáis debe ser excluído ou deixalo falecer na rúa, o ano pasado no antigo asilo de anciáns do Barrio do Cura faleceron 4 persoas que vivian no seu interior.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

#‎Vigo‬Verdade #Cronica #Indixencia #Vigo

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: