ை Concentración: VELORIO polos DEREITOS SOCIAIS

IlCanallaRubens_AsambleaAbertaDeCoia_VelorioPolosDereitosSociais

A Asemblea Aberta de Coia convoca o MARTES 20 de xaneiro de 2015 ás 19:00 unha CONCENTRACIÓN na ROTONDA de COIA baixo o lema: VELORIO POLOS DEREITOS SOCIAIS

A Asamblea Aberta de Coia di:
Os dereitos sociais están mortos! Mellor dito, os están a matar!
Os matan acotío con recortes, privatizándoos, quitándolles orzamentos, deixándoos en mans da caridade…
Nese asasinato colaboran todos: empresas, gobernos (central, Xunta e concellos), troika…
No caso de Vigo, os cartos que din que non hai para políticas sociais, si que aparecen agora para chantar un barco nunha rotonda, para empresas amigas, para horas extras da policía…

Por todo isto, velamos os nosos dereitos nunha rotonda, para obrigalos a falar:
– do colapso do departamento de Benestar Social
– dos atrasos na tramitación de axudas como a RISGA
– dos meses de espera por unha cita coa traballadora social
– das tensións que sofren as propias traballadoras sociais municipais
– da insuficiencia dos orzamentos para políticas sociais
– das denegacións inxustificadas das axudas de emerxencia
– da miseria e precariedade na que vivimos unha gran parte desa cidade que eles din que fermosa e que nos precisamos xusta antes de falar de estética.

NON PODE SER OS CARTOS NA ROTONDA E A XENTE SEN COMER!! NIN CARTOS NA ROTONDA, NIN ESTADO POLICIAL!!

Asamblea Aberta de Coia

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: