ை Concentración: NIN ESMOLA ASISTENCIAL, NIN BARCO NA ROTONDA. ESIXIMOS DEREITOS SOCIAIS

IlCanallaRubens_EsiximosDereitosSociais_AsambleaAbertaDeCoiaA Asemblea Aberta de Coia convoca o XOVES 22 de xaneiro ás 18:00 unha CONCENTRACIÓN na ROTONDA de COIA baixo o lema: “NIN ESMOLA ASISTENCIAL, NIN BARCO NA ROTONDA. ESIXIMOS DEREITOS SOCIAIS”

A veciñanza volvemos á rotonda para esixir dereitos sociais! O faremos por medio dun acto de rúa no que representaremos o “Vigo real” do que nunca fala o alcalde e o seu goberno.

  • Na cidade que pisamos a maioría vemos…
  • a cada día máis persoas pedindo esmola nas rúas,
  • a cada días máis persoas remexendo no lixo para alimentarse,
  • a cada días máis persoas agardando meses por axudas sociais (RISGA, Axudas de Emerxencia Municipais…),
  • a cada día máis persoas facendo colas nas portas de entidades privadas…

E todo polo desastre de políticas sociais do concello, e tamén da Xunta de Galicia. Unhas políticas que pasan polos recortes, polo peche de servizos e pola privatización daqueles que queda.

En Vigo, a maiores dos problemas denunciados recentemente polas traballadoras sociais de atención primaria do propio concello (colapso, demoras na tramitación, persoal insuficiente) hai que engadir que a maior parte dos programas do Departamento de Benestar Social están xestionados por empresas privadas:

– CLECE (empresa de Florentino Pérez): recibe millóns de euros pola xestión do programa municipal de axuda no fogar (case 3 millóns de euros), polo programa de Intervención Familiar (máis de 500.000€) e por parte da xestión de CEDRO.

– Grupo 5 (empresa de xestión de servizos de Madrid): é a concesionaria (700.000€) do albergue municipal de Marques de Valterra.

A isto hai que engadir os convenios que o concello, e tamén a Xunta, teñen con entidades privadas que supoñen o desmantelamento dos poucos dereitos sociais que tiñamos para dar paso á mercantilización do sector e ao regreso do asistencialismo e a caridade.

Ante isto esiximos que os cartos de todas estean ao servizo das necesidades da xente.

NON PODE SER OS CARTOS NA ROTONDA E A XENTE SEN COMER!!

Asamblea Aberta de Coia

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: