ை Miguel e Rebeca encadenanse na Xunta para pedir axuda social

IlCanallaRubens_MiguelCavacoYRebeca_EncadenadosXuntaDeGalicia_Vigo23deXaneirode2015

Vigo, 23 de Xaneiro de 2015.- Esta mañá ao redor das 11h no edificio da Xunta de Galicia da cidade da Detroit Viguesa unha parella de Vigueses decidiron encadenarse nas súas instalacións.

Esta acción pacifica e reivindicativa os que os axentes de seguridade impediron que chegasen a pechar o candado co que pretendían encadearse aos asentos da entrada á institución, devanditos axentes de seguridade da Xunta de Galicia invitáronlles a cesar na causa de encadearse nos bancos da entrada ao edificio coa condición de non ser denunciados.

Nesta acción a Miguel Ángel Cavaco e Rebeca González ofrecéronlles unha entrevista coa responsable da RISGA (Renda de Integración Social de Galicia) para intentar solucionar o seu caso.

Miguel como Rebeca son unha parella que loita día a día por sacar á súa familia adiante, unha familia que se ve ameazada a ser desafiuzada pola culpa de que as instrucións que tramitan a RISGA ao ser NON capaces de axilizar os tramítes por falta de persoal facendo así unha letanía non desexable.

A parella víronse abocados facer esta acción de encadearse na entrada ao edificio da Xunta de Galicia pola desesperación que teñen de ver que a súa situación empeora pero eles non só queren que lle solucionen o seu problema senón tamén pide polas persoas que están nas mesmas circunstancias, as persoas que non se atreven facer o que eles fixeron esta mañá.

Miguel Ángel Cavaco e Rebeca González teñen tres fillos e viven todos cunha RISGA de 293 euros. Este mes xa non poderán pagar os 300 euros do aluguer da vivenda.

Tamén contar que Miguel leva nas listas de espera ser intervindo quirúrxicamente 4 anos, 4 anos difíciles de levar, 4 anos con diversas dolencias na saúde e trastornos ata o punto que agora se ve abocado a durmir cun dispensador de oxigeno xa que polas noites ten problemas respiratorios.

Miguel non descarta facer unha folga de fame, móstrase moi firme á hora de facelo xa que na súa haber ten bastantes accións realizadas como o campamento da dignidade nos pés da Cruz do Castro, como o campamento nos xardíns da Rúa Montero Ríos fronte ao edifico da Xunta de Galicia como outras tantas máis… Di el que seguirá loitando pola súa familia e polas persoas que están nas mesmas circunstancias manifestándose ata que as institucións déanse de conta que realmente a xente o esta a pasar mal coas políticas de austeridade.

A solución que lles ofreceron esta mañá tras ceder na súa acción de encadearse, segundo os afectados, é atopar un traballo, aínda que sexa por poucos días, o que lles permitirían despois aumentar a axuda ata 622 euros.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

#‎Vigo‬ #MiguelERebeca #SolucionXa

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: