ை Vigo volveuse a solidarizarse con Carlos e Serafín

IlCanallaRubens_CarlosESerafín_Vigo22xaneirode2015

Vigo, 23 de Xaneiro de 2015.- No día de onte na cidade da Detroit Viguesa volveu concentrarse diante do Museo do M.A.R.C.O. para pedir o indulto para os traballadores e sindicalistas Carlos, Serafín, Ana e Tamara.

A concentración realizuse en torno das oito da tarde baixo un manto de choiva fina. Carlos e Serafín traballadores e sindicalistas están condenados a tres anos de cárcere por participar nun piquete informativo durante a folga do transporte no ano 2008. Ambos son profesionais do transporte.

E Ana e Tamara traballadoras e sindicalistas están condenadas a tres anos de cárcere por participar nunha protesta durante unha xornada de folga por mellóra do convenio colectivo do seu sector no ano 2010. Son profesoras de gimnasia e traballan para a empresa Servizo en Pontevedra, que gestiona piscinas municipais.

A concentración do día de onte foi promovida por CC.OO, CIG e UGT.

Alberto Gonçalves líder sindical comarcal da CIG de Vigo leu un manifesto que dicía así:

«Estes dous traballadores, ao cárcere, polo dereito a exercer os seus dereitos ao participar nunha folga. »

«Conforme pasan as semanas e os meses nesta espera supón a si mesmo unha condena para estes dous compañeiros e as súas familias.»

«A nós se nos acába a paciencia, o mesmo goberno ten demostrado unha enorme axilidade para indultar a corruptos e a policías que torturan ou condutores camicaces mostrándose insensibles concedéndolles a dúas persoas que o único delito que cometeron foi reclamar mellóra das súas condicións salariales e de traballo.»

«A mesma fiscalía que exerce a defensa da irmá do rei Borbón, foi un verdadeiro látigo opresor ante dous obreiros, queremos saber tamén que xestións fixo a Xunta de Feijoó ante o goberno español para reclamar o indulto de Carlos e Serafín, tanto como reclamo o parlamento o parlamento galego.»

«Fai uns poucos días o novo ministro de xustiza Rafael Catalá mostraba a intención de reformar o articulo 315 do código penal o mesmo que serviu para condenar a Carlos e Serafín.»

«O goberno que quere facer máis proporcionales as penas de cárcere que se contemplan e nós dicimos que iso non é suficiente que a única forma que nos vale é que se deixe de criminalizar e castigar a quen defenda un dereito tan fundamental como é o dereito á folga.»

«Porque compañeiros e compañeiras, nin os sindicatos nin os piquetes informativos coaccionan a ninguén máis é todo o contrario a presenza das organizacións sindicais e a asistencia de piquetes teñen sido fundamentais para que moitos traballadores e traballadoras puidesen secundar libremente unha folga, os piquetes e a presenza pacifica dos compañeiros e compañeiras ás portas das empresas non coaccionan a ninguén, serve para quitar o medo que infunde o empresariado, serve para contrarrestar as presións das empresas para que se pare a produción.»

«A ver si decátanse que a patronal presiona á clase traballadora, son os empresarios que ameazan con despedimentos senón acodes a traballar nun día de folga, son os que che preguntan nunha entrevista de traballo si estas sindicalizado, os que che botan á rúa cando decides a preguntarlle presentarche a unhas eleccións sindicais ou os que che suxiren que votes a tal ou cal sindicato non vaia a ser que sexa bo para ti, por iso compañeiros e compañeiras as continuas coacciones empresariais á clase traballadora sempre acaban igual, en nada, contra eles a fiscalía a penas pide sancions económicas mentres esixen prisión para os nosos traballadores e traballadoras, ningún empresario enfróntase a penas de cárcere por ocultar os dereitos da clase traballadora.»

«O ministro Rafael Catalá e os presidentes Núñez Feijoó e Mariano Rajoy e o Partido Popular teñen que saber que se nos esta acabando a paciencia, teñen que saber que non nos imos a permitir de ningún xeito que ningún traballador e traballadora véxase privado de liberdade por defender os seus dereitos, que golpeando a Carlos a Serafín a Ana e Tamara ou a calquera traballador ou traballadora estannos a golpear a todos e a todas e xuntos daremos unha resposta contundente.»

«Temos demostrado que non nos falta paciencia pero si hai algo que abunda máis na clase traballadora é a capacidade de dar conflitos, nosa enérxico combate por loitar polo que é de xustiza, que non nos poñan a proba.»

«Compañeiros e compañeiras no mesmo momento que Carlos e Serafín pisen o cárcere estarannos declarando a guerra a todos e todas, unha guerra que gañaremos levándonos por diante si fai falta este goberno amigo dos poderosos que exercen de puño de ferro contra as clases traballadoras e clases populares. »

«Carlos e Serafín indulto xa.»

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

#‎Vigo‬ #CarlosESerafin #IndultoXa #SolucionXa

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: