ை O Centro Comercial Bandeira – Urbanity abrirá o 23 de Maio.

IlCanallaRubens_CentroComercialBandeira_Xaneiro

Confírmase que o Centro Comercial BandeiraUrbanity abrirá as súas portas o 23 de maio tal como dei a exclusiva o 20 de decembro do pasado ano na miña conta oficial de twitter.IlCanallaRubens_TuitEdificioBandeira_Vigo_Exclusiva

Algúns medios de comunicación o xoves 29 de xaneiro publicaron a noticia do Centro Comercial. Segundo as miñas fontes contrastadas como tamén Faro de Vigo e Europa Press o 95% dos locais da superficie comercial xa están ocupados. Como xa se sabia este centro comercial terá un supermercado Mercadona como tamén se sabia que tería un ximnasio “low cost” (Bajo Prezo).

O Centro Comercial BandeiraUrbanity situado nas inmediacións do O Calvario xunto ás fontes da rúa Aragón, o devandito centro comercial esta ancorado nas antigas Bodeas Bandeira respectóuselle a fachada orixinal das antigas adegas.

A fachada orixinal foi numerada e desmotada con delicadeza xa que o inmoble é patrimonio dos vigueses e viguesas –o inmoble está protexido polo seu valor patrimonial. As fachadas do edificio Bandeira foron desmontadas en xaneiro de 2013 e as pedras foron trasladadas ás instalacións dunha empresa especializada de Porriño.

A obra foi paralizada a metade do ultimo mes do ano pasado pola CIG (Confederación Intersindical Galega), por inregularidades nos contratos dos obreiros xa que lles obrigaban a traballar noite e día e festivos cando iso é ilegal. Agora as obras do futuro centro comercial afrontan a súa recta final a contra o reloxo para abrir as portas da superficie comercial o 23 de maio.

A contrata xa construíu case a metade das fachadas do edificio das antigas adegas, mentres que no interior se realizan xa traballos de instalacións e servizos. O grupo Mercadona, que se implantará no complexo, iniciará os traballos de acondicionamento da tenda a principios de febreiro.

En orixe a edificación tiña algo máis de 2.000 metros cadrados mentres que agora, sumados os tres sotos, semisoto e as plantas en altura, alcanzará os 14.000. Ademais de Mercadona está confirmada a implantación dun Burguer King, e na primeira planta e a segunda proxéctase un ximnasio de 2.600 metros cadrados. Os promotores do centro comercial están a realizar os axustes técnicos no Concello, segundo fontes municipais, para dar cabida a este uso. Completarán a oferta varias franquías do sector téxtil. Dos locais dispoñibles, a día de hoxe están pendentes de ser ocupados un ao lado do supermercado e a cafetaría.

O centro comercial, o que Abuin SL fixo un investimento de 20 millóns de euros, contará con 170 prazas de aparcadoiro, e a fase final de construción será simultánea a obras de humanización das rúas aledañas.

O alcalde visitou as obras xunto coa concelleira de Urbanismo e outros edís, destacou a importancia deste centro comercial para fortalecer a actividade comercial da zona.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

#Vigo #Calvario #AdegasBandeira #CentroComercialBandeira

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: