ை Polas fillas dos nosos fillos. Queremos Galego 2015.

IlCanallaRubens_QueremosGalego_2015_Compostela

Compostela, 8 de Febreiro de 2015.- Nunha mañá de sol pero fría, milleiros de persoas chegadas de toda a comunidade autónoma (10.000 segundo o Concello de Santiago e máis de 25.000 segundo a organización) tomaron as rúas Compostelás na defensa da LINGUA GALEGA, non só saíron na defensa da LINGUA GALEGA senón tamén pola CULTURA GALEGA que leva máis de dúas décadas sendo mallada e insultada polos gobernos galegos como tamén do estado español, a movilizacion estivo baixo o lema POLAS FILLAS DOS NOSOS FILLOS. Os manifestantes percorreron o centro de Santiago berrando consignas como «Na Galiza, en galego», «Aínda que se molle, o galego non encolle» e «Da médica ao notario, en galego todo o ano».

Os gobernos de España e Galiza son fortemente sancionados pola Unión Europea polos reiterados incumprimentos da carta europea das linguas.

O auxe dos idiomas frances e ingles, idiomas que son promovidos ata o punto de cubrir espazos que pertencen ao galego.

A marcha prodúciuse nun contexto no que a propia Real Academia Galega (RAG) vén de manifestar publicamente a súa fonda preocupación pola acción de goberno da Xunta neste eido. Fíxoo a finais de xaneiro, dous meses despois de transcender un informe do Instituto Galego de Estatística (IGE) que revela que ata tres de cada catro rapaces falan sempre ou a miúdo en castelán.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

#EuEnGalego‬ #QuermosGallego‬

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: