ை Río Eifonso e Fervenza Eifonso

IlCanallaRubens_SendaEifonso_FervenzaEifonso_2015_VigoSe hai unha ruta con encanto en Vigo sen dúbida é a ruta do río Eifonso, entre Bembrive e Beade. Unha explosión de natureza impresionante, vaias na estación que vaias, e unha opción moi recomendable para os vigueses e viguesas: nun cuarto de hora deixarás atrás a loucura do tráfico e a gran cidade para entrar nun auténtico oasis.

A ruta do río Eifonso PR-G5 é un paseo natural de curto percorrido por bosques autóctonos, muíños e ermidas. Está ao lado da cidade e é perfecta para camiñar e relaxarse xunto ao río. Trátase dunha ruta con algo de pendente que nos permitirá internarnos por lugares cheos de natureza, onde aínda se conservan múltiples elementos etnográficos.

Este sendeiro por Vigo de curto percorrido é doadamente accesible dende o centro da cidade tanto en transporte público coma en vehículo particular. Saíndo da cidade pola avenida de Madrid en dirección Ao Porriño apartarémonos en Bembrive e tomaremos a estrada a Beade. A uns 50 m da ponte que cruza o río Eifonso, está sinalizado o inicio do sendeiro, que xa nos permite ver os seus muíños e pequenos saltos de auga.

Tras superar, camiñando sempre de fronte, un cruzamento de camiños, a senda ascende progresivamente ata a ermida de San Cibrán, cun agradable ámbito para descansar antes de continuar por unha pronunciada suba e empezar a xirar lixeiramente cara á esquerda mentres se atravesa un mesto bosque e se cruza a autoestrada ao Val Miñor. É esta unha zona con numerosos camiños de carros lousados e restos de antigos poboados.

A ruta remata no parque forestal de Beade, con impresionantes vistas sobre o val coa cidade ao fondo. Pero tamén é posible enlazar dende alí cos sendeiros de longo recorrido GR-53 e GR-58 que cruza todos os montes vigueses.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]
#Vigo #Eifonso #RioEifonso

Vídeo mostra do afluente do Río Lagares o Río Eifonso xunto á súa Fervenza tamen chamada Eifonso.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: