ை Vigo a cidade de Galiza que máis esta crecendo a desindustrilización.

IlcanallaRubens_ICR-Photographer_VigoDendeOParqueForestalDeBeade_2015Vigo a cidade de Galiza que máis esta crecendo a desindustrilización. Os polígonos son usados como pratos fotográficos e okupados.

A principios dos anos 90 a cidade crecía cun ritmo descontrolado, tanto vivendas coma polígonos industriais. Hoxe os polígonos industriais da cidade son como áreas desérticas nas que se avistan pantasmas e onde reinan pragas enormes de gatos, hoxe é lamentable e máis que lamentable é desolador.

Un dos ultimos polígonos industriais feito na cidade o de Valadares é a mostra da desastrosa política de emprego da Xunta de Galiza como as políticas de emprego pantasmas do Concello de Vigo.
As empresas que se situaban no devandito polígono, as empresas ben importantes trasladáronse para países de latinoamerica e Marrocos como tamén Portugal.

Algúns profesionais e non profesionais senón amantes da fotografía utilizan os polígonos como as ruínas que nalgún polígono hai para o seu set de fotografía para vodas como tamén fotografía artística.

Vigo a cidade de Galiza máis grande é a que neste pasado ano a que a incrementado a exportación de mozos cara o exterior, segundo as enquisas cada día a cidade a abandonaba 3 persoas cara a latinoamerica como tamén para o norte de europa.

Mentres Vigo e a súa torre aposta por un envoltorio facendo a cidade fermosa e bonita con granito maltratado, xardineiras da fame, flores sen alma, arbores anorexicos e parques infantís idénticos sen identidade.

É lamentable que a cidade de Vigo non se estimule o emprego, é lamentable que a cidade de Vigo os mozos estean desesperados e non esperanzados, é lamentable que os polígonos industriais da cidade se esten convertendo en desertos e pasto da desolación, é lamentable que os polígonos industriais sexan vivendas de persoas que foron desafiuzadas das súas vivendas, é lamentable que os polígonos industriais sexan casas de citas para os gatos e áreas de partos.

Agora reflexionen. Isto é a crua realidade do que me encontro eu cada mañá cando me poño en marcha na posta de Curriculums Vitae polos polígonos industriais.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]
#Vigo

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: