ை A metade dos usuarios de Internet españois sofren intentos de fraude online

ilcanallarubens_estafaonline_2015O ‘Estudo sobre a ciberseguridade e confianza dos fogares españois’, elaborado polo Observatorio Nacional das Telecomunicacións e da Sociedade da Información (ONTSI) e o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), e que analiza tanto o estado real da seguridade na sociedade da información en España como a percepción que teñen dela os usuarios, pon de manifesto que case o 50% dos usuarios sufriron intentos de fraude online. Estes, no 27% das ocasións, tiñan forma de comercio electrónico ou de lotarías, casinos e xogos online. En xeral, asevera o informe, a estratexia que se segue neste tipo de fraudes é moverse en cifras monetarias baixas, co obxectivo de evitar a consideración de delito segundo o código penal (o 65,5% das fraudes online e o 79,5% dos telefónicos estafaron menos de 100 euros).

O estudo indica, ademais, que máis do 30% dos usuarios que sufriron algunha incidencia de seguridade (sobre todo unha intrusiónwifi e a suplantación de identidade) modifican os seus hábitos despois destes, por exemplo, cambiando os seus contrasinais e actualizando ferramentas xa instaladas. Aínda que o spam é a incidencia máis estendida entre a fraude online (padéceno o 85% dos internautas que sofren incidencias), é a que menos empurra os usuarios a modificar o seu comportamento na rede. Neste sentido, é curioso que o 42,3% dos internautas pensa que poden resolver por si mesmos os problemas de seguridade que poidan xurdir ao navegar por Internet.

Respecto ás principais incidencias relacionadas cos menores estas son ter facilitado información persoal (14,3%) e o acceso a contidos de carácter sexual (11,9%).

Máis de 8 de cada 10 equipos están protexidos

Outro dato significativo, e moi positivo, que emana do estudo é que o 82% dos equipos informáticos de España están protexidas con software antivirus e case o 80% devasas (79,4%). Os usuarios fan un uso maioritario dos contrasinais para protexer os seus equipos (58,2%). Outras medidas habituais son a eliminación de arquivos temporais e cookies (52,9%), a realización de copias de seguridade dos arquivos (40,4%), a partición do disco duro (24,7%) ou o uso de certificados dixitais de firma electrónica (19,9%).

O uso das contas con permisos de administrador é, en Windows XP, practicamente do 100%. En sistemas operativos posteriores redúcese o seu uso sendo do 28,5% en Windows 7, 13,2% en Windows Vista e chegando unicamente ao 8% no caso de Windows 8. Isto débese, reza o estudo, á configuración por defecto das distintas versións. Co fin de soporte de Windows XP e a presumible migración de usuarios a sistemas máis actuais, conséguese dar a volta ao uso desta medida de seguridade.

Os puntos débiles: as redes wifi e os terminais móbiles

Fronte a esta elevada protección do PC tradicional do fogar resalta a escasa seguridade coa que se dota tanto ás redes wifi coma aos terminais móbiles. O 12,5% dos usuarios wifi con conexión propia non protexe a súa rede ou descoñece se se aplica algún tipo de protección. Esta porcentaxe aumenta case ao 50% se se agregan aqueles que usan o estándar WEP (11,1%), obsoleto e doadamente eludible, ou descoñecen a tecnoloxía que usan (25,8%).

En canto á seguridade nos teléfonos móbiles, só un 8,2% dos usuarios declara utilizar software de cifrado nestes dispositivos co fin de evitar que a información que contén sexa accesible por terceiros en caso de perda ou roubo.

Bos hábitos en banca dixital e comercio electrónico

No ámbito da banca en liña e o comercio electrónico, a maior parte dos usuarios, sempre nunha porcentaxe superior ao 73%, segue boas prácticas (pechar a sesión ao rematar, vixiar periodicamente os movementos da conta bancaria online, evitar usar equipos públicos ou compartidos…). Só o 40,1% dos usuarios de banca en Internet utilizan tarxetas moedeiro ou de pagamento previo.

Tamén hai bos hábitos no uso de redes P2P. Dous de cada tres internautas non abren os ficheiros descargados a través destas redes se non teñen a certeza de ter sido analizados previamente mediante un antivirus. Tan só o 13% dos usuarios destas redes comparte todos os seus arquivos ou non ten control sobre o que comparte (11,8%).

Respecto ás redes sociais, máis da metade dos usuarios (53,1%) configura o seu perfil para que só sexa accesible para os seus contactos.

Alta confianza en Internet

O 45,3% dos enquisados confían moito ou bastante na Rede mentres que só un 1,4% desconfía totalmente de Internet. De feito, case a metade dos enquisados (46,2%) xulga Internet como máis seguro cada día e un 72,3% estima que o seu ordenador está razoablemente protexido.

Aínda así, para operacións bancarias ou de compravenda, aos usuarios dálles máis confianza o trato persoal que realizar estas accións a través da Rede. A maior diferenza obsérvase entre aqueles usuarios que confían en realizar operacións bancarias na sucursal (56%) e os que confían en efectualas online (38,2%). A operación que menos confianza xera entre os entrevistados é o pagamento a través de Internet utilizando a tarxeta de crédito/débito (33,4% da poboación).

Outro dato curioso: o 44% dos usuarios ten pouca confianza ou ningunha á hora de facilitar os seus datos persoais mediante un correo electrónico ou mensaxería instantánea. A maior taxa de confianza preséntase ao facilitar datos nun organismo público físico (46,4%), ou ben en portais de organismos públicos (41,2%).

Os datos do estudo proveñen da realización de enquisas a máis de 3.000 fogares españois e de datos reais, provenientes de software específico que analiza os sistemas e a presenza de malware nos equipos.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: