ை Facebook permitirá xestionar os perfís de persoas falecidas

ilcanallarubens_facebookDead_2015

Facebook empeza a sentar as bases para responder a unha dúbida que dende hai tempo asaltaba os usuarios das redes sociais: que pasará cos nosos perfís online cando xa non esteamos aquí para facernos cargo deles? Por fin, a rede social, que xa suma ao redor de 1.600 usuarios en todo o mundo, está a implementar un mecanismo para deixar pechado algo que poderiamos chamar un testamento online.

Aínda Que de momento só estará dispoñible para os usuarios estadounidenses, a plataforma engadiu ao seu menú de configuración unha opción que permitirá aos usuarios deixar constancia de se queren que o seu perfil desapareza cando eles morran, ou se ben prefiren que algún dos seus contactos se faga cargo del.

Facebook terá constancia do falecemento dun dos seus usuarios a través dunha ferramenta que xa existía e funcionaba, chamada en español “Solicitude de conta conmemorativa”. A través dela, pódese enviar ao equipo de Facebook unha mensaxe na que se notifica o falecemento dalgún usuario con perfil e a data deste. Unha vez revisada a solicitude, a rede social converte a súa conta en conmemorativa, mostrando a frase En memoria de xunto ao nome da persoa no seu perfil e permitindo que os seus amigos e familiares a utilicen como un lugar dende o que recordar a persoa desaparecida. Non obstante, ata agora, nada deses perfís se podía modificar: todo permanecía tal e como o seu titular o deixou antes de morrer.Ilcanallarubens_facebook_contacto_legado

A nova funcionalidade que Facebook puxo en marcha permite que nomeemos un contacto de legado; isto é, un amigo, familiar ou coñecido en Facebook ao que designaremos como o responsable do noso perfil na rede social unha vez falezamos. Este poderá, entón, escribir un post que encabezará a conta conmemorativa a xeito de titular, actualizar as fotos de perfil e de portada e xestionar as novas solicitudes de amizade que cheguen despois do falecemento.

Así mesmo, no momento de elixir ao seu contacto de legado, os usuarios poderán decidir se lle dan permiso para descargar todas as fotos e información que compartiron en Facebook. En calquera caso, o que nunca poderá facer un contacto de legado é iniciar sesión na rede social usurpando a persoa falecida e acceder, por exemplo, ás súas mensaxes privadas.

Esta actualización nas opcións para xestionar as contas de persoas que faleceron chega, segundo explica o equipo de Facebook nunha entrada no seu blog de noticias, tras conversar con usuarios que experimentaran a perda de seres queridos. “Descubrimos que podiamos facer máis para apoiar aqueles que atravesan unha fase de duelo e aos que queren ter voz no que pase co seu perfil despois da súa morte”.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: