ை Escaleiras mecánicas excluíntes de Vigo

IlCanallaRubens_EscalerasMecanicasVigo_critica_opinion.jpg

Este articulo de opinión que empezo a relatar vai dirixido a esas persoas que defenden o gobernante da torre do concello da cidade da cidade Detroit Viguesa.

O gobernante da torre do concello de Vigo inauguro as escaleiras mecánicas o día 3 de xaneiro de 2015, as inaguro como un neno con zapatos novos. Eufórico mostrouse no dia da apertura ao publico o alcalde Abel Caballero ao ser o primeiro veciño de Vigo en pisar o chanzo de arranque dos dous tramos da nova escaleira mecánica que conecta o centro da cidade co Concello de Vigo, estas escaleiras foron instaladas na rúa da Segunda República, entre a Porta do Sol e Abeleira Menendez.

Este acto significou o arranque duns dos proxectos estrela do gobernante socialista: o Vigo Vertical, que terá continuidade ao longo deste ano coa instalación do terceiro tramo das escaleiras, unha vez que estean listos os presupostos de 2015.

As devanditas escaleiras mecánicas son soamente de suba, unhas escaleiras mecánicas que son excluíntes xa que as devanditas escaleiras mecánicas non as poderán usar os pais con fillos en cocheciño de rodas xa que nos seus sinais indicativos poñen prohibido o uso das escaleiras como tamén non poderán usar as persoas con mobilidade reducida.

O alcalde da cidade no seu programa chamado VIGO DE CERCA e en diversos diarios dixitais como prensa escrita dicía que serian as primeiras escaleiras mecánicas ao aire libre de todo Galiza e recordarlle que o que afirmaba é totalmente falso, o 20 de decembro de 2014 foi posta a primeira escaleira mecánica ao aire libre en Galiza na cidade da Coruña situada na rúa Plaza, nas inmediacións do mercado de San Agustín.

Como ben saberán vostedes o alcalde da cidade de Vigo ten unha manía tremenda a Coruña cando este sendo ministro no primeiro goberno de Felipe Gonzalez, ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións de España, foi o que fortaleceu o aeroporto da Coruña facendo unhas melloras das súas instalacións e debido a iso a cidade da Coruña nomeárono “FILLO ADOPTIVO DA CORUÑA e senón o sabían acábollo de dicir, Caballero leva moito tempo intentando salvar o aeroporto de Peinador da cidade de Vigo cando foi un dos principais artificies de que o aeroporto da cidade se encontre nas circunstancias nas que se encontra actualmente debido ao que fixo no aeroporto da Coruña.

Creo que esta manía lla colleu cando o mesmo se presento como deputado para a Coruña e non conseguiu o cargo de deputado.

Agora volvendo ao acto da inauguración das escaleiras excluíntes da cidade de Vigo, un acto que foi feito realmente rápido e correndo xa que aínda lle queda facerlle a cuberta para que as inclemencias meteorolóxicas da cidade non as boten a perder, esa cuberta empezase facerse a finais de Febreiro tal como o alcalde dixo.

No acto feito rápido e correndo non foi todo o bonito que o alcalde desexo xa que foi amenizado polos berros de representantes de movementos sociais de Coia e dá a cidade que clamaron encontra do proxecto que o tildaron dun gasto inoportuno e un proxecto excluínte. O gasto que se fixo nesas escaleiras mecánicas foi de 1.200.000 €.

Mentres que na cidade da Coruña despois de que inaugurasen as súas escaleiras mecánicas aos poucos días despois o alcalde da cidade Carlos Negreira anunciou que non serian as primeiras escaleiras que contaría a cidade senón que vai poñerse mais escaleiras na cidade.

As seguintes escaleiras mecánicas da cidade da Coruña asegurou o alcalde sera dunha escaleira mecánica de cinco tramos, salvará os 99 chanzos que van da rúa Juan Flórez a Sinforiano Lópezos.

Curiosamente este proxecto do concello coruñés encargóullelo a dous arquitectos vigueses chamados Lucas Gándara e Juan Pons. O proxecto foi premiado con 10.000 € nun concurso convocado polo goberno local, formula para a céntrica rúa Maestro Clavé a colocación desta escaleira mecánica que salva un desnivel do 22% e que, ao mesmo tempo, une dous barrios desta cidade.

Ademais delo, Gándara e Pons, recomendaron o uso dunha escaleira patentada polo enxeñeiro catalán, Jesús Sánchez que permite ser utilizada por todos os públicos con só pulsar un botón.

Grazas ao pulsar o botón os chanzos adáptanse para poder acceder cos coches de bebé, carros da compra e en cadeira de rodas. Cousa que na cidade de Vigo se esqueceron do devandito sector da poboación.

O proxecto destas escaleiras mecánicas custan algo máis de 1 millón de euros, garante que as escaleiras funcionarán as 24 horas do día, mentres que ao día seguinte da inauguración da escaleira da cidade de Vigo se estragaron e arranxadas ao día seguinte, a avaría aconteceu ámbito as 20h, despois de ser arranxadas e postas en funcionamento ese mesmo día ámbito as 21h deixaron de funcionar xa que as devanditas escaleiras contan cun sensor de humidade que fai que as escaleiras se paralicen e ao non contar coa cuberta ten máis probavilidades de ser avariadas.

IlCanallaRubens_EscalerasMecanicasVigo_Averiadas.jpg

Mentres as escaleiras novidosas en Galiza da cidade da Coruña irán tanto en sentido de suba coma de baixada para salvar un desnivel de 18 metros.

Estes dous arquitectos son moi coñecedores como bos vigueses da orografía e as características da cidade, propoñían solucións similares para Vigo, en especial para mellorar a comunicación transversal entre Camelias, López Mora, Pi e Margal, Torrecedeira ou Berbés.

Din que “Habería que facer un estudo do tipo de poboación ao que se pretende beneficiar, e á vista deste, formular que como é posible salvar eses desniveis, sexa con puntos de unión como prazas, rúas, escaleiras mecánicas, ramplas, chanzos convencionais e mesmo ascensores”. Cousa que o alcalde da cidade se lle debeu de esquecer.

Este articulo de opinión respecto ás escaleiras mecánicas da cidade da Detroit Viguesa é un articulo no cal quero deixar patente que unha cidade bonita e fermosa se debe facer contando con toda a poboación sen excluír ningún sector desta.

O alcalde mentiu dicindo que as primeiras escaleiras mecánicas de Galiza se puxeron en Vigo e que beneficiarían á poboación a salvagardar os números desniveis da cidade, cando as escaleiras que puxo son excluíntes mentres tanto creo que tomase boa nota das escaleiras novidosas da cidade da Coruña xa que non son excluíntes son de suba e baixada, adecuadas para garantir o seu uso por persoas con mobilidade e con mobilidade reducida, que funcionarán as 24 horas do día e elaborado por arquitectos de Vigo.

Congratúlame que este proxecto da Coruña fose elixido como o que mellor se adapta a Coruñaquizais Caballero debería formularse recibilos, sentarse con eles e considerar seriamente as máis de cen ideas que teñen para aplicalas aquí, na súa cidade na cidade onde eu tamén vivo.

Por certo a posta das escaleiras mecánicas non excluintes da A CORUÑA arrancara no mes de XUÑO.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Una respuesta a “ை Escaleiras mecánicas excluíntes de Vigo

  1. Nuria 7 junio, 2015 en 1:53 PM

    Un artigo ridículo baseado na descalificación. Criticar por criticar.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: