ை Vigo flashback: A ponte segunda ponte ou túnel sobre a Ría de Vigo

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Estrea nova sección a cal fixen chamar Vigo flashback, a cal vai dedicada a eses proxectos da cidade de Vigo que foron totalmente moi disparatados ata mesmo algo de ciencia ficción. E a primeira entrada facendo memoria atras me acorde duns disparatados proxectos do Concello de Vigo. Eses foron o de facer unha segunda ponte ou un tunel sobre a Ría de Vigo.

Sobre a ponte: Proponenian unha estrutura que voaría 1.852 metros sobre o mar dende Alcabre (en Vigo) ata punta Balea (Ou Morrazo), a case 80 metros de altura. Tería tres carrís de circulación en cada sentido, cunha pasarela peonil acritalar e cuberta no medio e cun caixón central baixo a calzada polo que nun futuro podería circular un metro lixeiro.
O sono custa 400 millóns de euros e os empresarios afirman ter financiamento abondo como para abordar a obra sen axuda das Administraciones. A cambio, queren recuperar o seu investimento cunha peaxe branda que desaparecería unha vez amortizado o custo de semellante estrutura.
Enlazaría en Vigo coa circunvalación e en Cangas coa vía rápida do Morrazo.
Permitiría pechar un grande anel viario de só 45 minutos de percorrido entre Pontevedra, Marín, Bueu, Cangas e Vigo. Ademais, desconxestionaría definitivamente a ponte de Rande e facilitaría un maior fluxo social e empresarial entre o cinto vigués e O Morrazo.

Sobre o tunel: Os expertos sitúan o subterráneo a unha profundidade de 40 metros baixo o manto mariño, e pensan na opción dun dobre túnel paralelo como a máis eficaz, tanto dende un posto de vista técnico e construtivo, como para lograr un mellor uso da devandita infraestrutura. E onde situalo? Todo dependería da condición e características do chan. Co túnel non hai o condicionamento das pontes, que priorizan a busca da menor distancia posible,por o que habería mais alternativas de trazado para o túnel.
O dobre túnel construiríase con tuneladoras que partiría de ambos os dous extremos. As propias máquinas, presurizadas para evitar a entrada de auga, xa deixarían colocadas as doelas de formigón do esqueleto do paso subterráneo.
O gasto de semellante obra non ten por que ser, segundo ambos os dous expertos, maior que o da ponte ideada pola CEP (os empresarios cífrano en 400 millóns de euros e a Xunta en 1.200 millóns), aínda que todo depende do tipo de chan que se encontraria.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: