ை Vigo flashback: A torre Nouvel ou Plan Nouvel

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Hoxe falarei daquel proxecto chamado a torre Nouvel. O proxecto era para renovar a fachada central do porto, tras os axustes no Plan Nouvel se conservaria os principais signos de identidade do porto tal como o coñecedes agora.
O edificio en forma ía ter forma de “monolito” en homenaxe á cultura celta, un monolito de cen metros de altura e o seu uso seria portuario en vez de hoteleiro.

O monolito tería un restaurante panorámico con cafetaría. O plan foi naquel entón consensuado coa comunidade portuaria.

O peirao de trasatlánticos duplicaría a súa lonxitude, co que superaría os mil metros de liña de atraque, aínda que tería 200 menos do formulado; e sobre a ampliación construirase o chamado “Xardín das mareas”, un paseo que cambia de forma en función do nivel do mar. O porto deportivo dobraría as súas prazas, pero sofre unha sensible tesoirada, xa que tería 800 en vez das 1.650 previstas, xa que os técnicos conclúen que se adecúa así á demanda real e, doutro modo, prexudicaría a actividade do peirao deComercio e o Transversal. O investimento total quedaba fixado naquel entón este proxecto en 250 millóns, 38 menos dopresupostado na primeira proposta, e a obra inauguraríase, se se cumprirían os prazos a principios de 2013 cousa que nunca se fixo.

A Autoridade Portuaria encargou ao equipo de Nouvel un proxecto básico a partir da proposta inicial do Premio Pritzker, gañador do concurso de ideas convocado pola institución rexíaa Abel Caballero, daquel entón Abel Caballero quería remodelar toda a fachada central e converter a Vigo en “referente mundial”, ao nivel de cidades como Barcelona ou Marsella. A definición do plan tiña como fin axustar os espazos públicos sen prexudicar a actividade dos peiraos e as dársenas do ámbito.

A torre de Nouvel, que estaba prevista que cos seus cen metros de planta se situaría na punta do novo peirao de cruceiros, cara Á Guía. Ta torre acollería oficinas e instalacións portuarias en vez de aloxar un hotel. Alí trasladarase o Centro de Control do Porto e a sede da Capitanía, que na actualidade están agora na Estación Marítima. As actuais instalacións da Estación Marítima manteríanse con usos do Porto aínda que cunha gran liberación de espazo permitirá outras actividades.

O monolito mantén o seu oco central, como o esbozou o arquitecto galo, e o edificio estaría iluminado de noite. Aínda Que o hotel que se previa que facer no monolito desaparece, habería un restaurante panorámico con cafetaría, e un miradoiro nas súas plantas superiores. O edificio, ao igual que todos os que se proxectan, se construirían en granito.

Balneario de auga mariña.

A prolongación do peirao de trasatlánticos, construída cun sistema de caixóns, permite o atraque de tres buques, e no espazo central habería dous edificios -unha piscina e un balneario de auga mariña-. Entre estes e o menhir está prevista unha segunda estación de cruceiros, de menor tamaño, e o “Xardín das mareas”, outro dos elementos centrais da proposta de Nouvel. O paseo está formado por un xogo de terrazas iluminadas que cambia de aspecto, e de rutas, en función do nivel do mar. A maior parte do peirao será de acceso aos cidadáns. O deseño prevé a instalación dun sistema de transporte público eléctrico dende A Laxe ata a torre.

O tráfico queda suprimido en superficie na terminal, xa que pasaría a derivarse por un vial subterráneo ao longo do peirao de cruceiros. A ambas as dúas marxes desta rúa sitúase un aparcadoiro. Algunhas partes do proxecto de Nouvel rebáixanse de forma considerable. Desaparece a gran ponte de aceiro que uniría a prolongación de Concepción Areal e Colón en dirección Á Guía e conectaría con peirao de cruceiros. En vez desa estrutura, segundo as fontes consultadas, optouse, por unha pasarela levadiza para a entrada e saída dos grandes veleiros. O paso é de tránsito peonil, co que a terminal de cruceiros gaña outro acceso.
O porto deportivo actual, de 436 amarres, reestrutúrase, e pasa a ter 803. Suma prazas na dársena da Laxe, onde se libera o espazo ocupado agora polos barcos do transporte de ría, os remolcadores e outros buques do Porto. Tamén incorpora peiraos cara ao outro extremo, o peirao de comercio.

A Estación de Ría trasládase ao peirao de buques e o atraque, á dársena do Berbés.

Unha das novidades da operación portuaria é a construción dunha nova Estación de Ría, agora no ámbito da piscina do Náutico, á terminal de buques, entre o edificio de control marítimo e o de sesións da Autoridade Portuaria. Alí Nouvel formulaba un complexo residencial e institucional que desaparece coa revisión. Agora deséñase un conxunto de edificacións en granito para aloxar os despachos, tendas, cafetaría, restaurante e outras dotacións, coa posibilidade de incluír un centro de interpretación do Parque Nacional das Illas Atlánticas que complemente o da sede do organismo, en fase de construción no casco histórico, preto de alí.
Os barcos da liña regular que une Vigo co Morrazo e os da ruta ás Illas Cíes, que agora atracan na Laxe, pasarían á dársena pesqueira, detrás do centro comercial e na cara interna do peirao de buques.

Degustación.

O plan completábase cunha zona de degustación e venda ao público de peixe onde agora se encontran as casetas do Berbés. Estas derrubaríanse e deixarían espazo á nova edificación. A nova planificación mantén a actuación, cun centro en dúas plantas. A baixa estaría destinada á degustación, e a superior á venda.

A ampliación do porto deportivo á Laxe obriga, ademais, a trasladar os remolcadores, os barcos dos prácticos e outros buques do servizo portuario que atracan agora no interior do peirao detrasatlánticos. Pasan, coa operación de rexeneración da fachada central, á cara externa do peirao que delimita o futuro porto deportivo á altura do peirao de Comercio. O número de amarres para veleiros redúcese en 800 respecto á previsión inicial para evitar que afecten á operatividade deste peirao e o Transversal. Neste punto instalarase un porto seco e un travel-lift para varar embarcacións.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]IlCanallaRubens_PlanNouvel

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: