ை Vigo flashback: A Cidade do Frió

Ilcanallarubens_CiudadFrio_VigoNo ano 2006 se presento ao grande o proxecto da Cidade do Frío, que formulaba o traslado das industrias frigoríficas situadas no ámbito de Beiramar ao chan habilitado na parroquia de Matamá, que Zona Franca convertirtiria nun gran polígono. A idea foi recolocar as empresas do conxelado que agora ocupan a franxa de Beiramar, que hai tempo comunicaron a súa dispoñibilidade a liberar este espazo e utilizar o aproveitamento urbanístico da zona para facer posible o paso das súas naves ata o polígono de Matamá.

O plan de Zona Franca parte da base de que o traslado das empresas situadas entre as rúas Jacinto Benavente e Marqués deValterra implicaba unha operación urbanística que reportaria os ingresos suficientes aos propietarios para facer viable e mesmo rendible o cambio de situación. No ano 2004 os empresarios impulsores do proxecto constituíron unha sociedade, Cidade da Pesca S.L., que contaba entre os seus integrantes coas firmas Freiremar, Albo, Frigoríficos do Berbés, Pescapuerta, Cardomar,Pescanova, Pereira e industrias auxiliares.

O seu plan urbanístico para a zona consistía en dedicar a primeira liña de Beiramar, ocupada por empresas en terreos de concesión portuaria, a zona comercial e de ocio. En segunda liña, na rúa Jacinto Benavente (detrás de Beiramar), ocupada actualmente por empresas en réxime de propiedade, construiríanse bloques de vivendas, logo de recualificación do chan.

Os empresarios de Beiramar chegaron a entregar no Concello un estudo de viabilidade para crear na franxa portuaria que vai de Casa Mar a Barreiras un gran centro comercial e de ocio. O complexo tería unha superficie de 64.000 metros cadrados e localizaríase sobre os terreos que ocupan 18 concesións portuarias.

Esta iniciativa tiña dous obxectivos, por un lado agrupar nun polígono dotado de modernas instalacións a todas as industrias das zonas e dar entrada a outras novas, e por outro, “fai cidade” nunha zona privilexiada rodeando o que é hoxe o Auditorio Mar de Vigo.

O proxecto encóntrase agora aparcado polo parón da actividade inmobiliaria. A construción de edificios e a venda de vivendas sería o motor económico que permitiría o traslado e a construción da Cidade do Frío. “Todo paralizouse coa chegada de Corina Porro á Autoridade Portuaria e cremos que foi porque a proposta partiu do seu antecesor e rival político Abel Caballero. As disputas políticas entre a cidade e o porto fixeron moito dano aos empresarios”, argumentan os expertos que participaron na redacción do proxecto.

“Eu tiña a proposta do traslado de todas as industrias á Cidade do Frío pero o Porto rexeitou o proxecto de humanización de Beiramar, deixándoo como estaba sen facer nada e eliminando o proxectoNouvel. O túnel de Beiramar ten que ser un túnel que enlace coa rúaCoruña, que leve aparcadoiros e que deixe a superficie peatonalizada, con respecto absoluto ao tráfico pesqueiro portuario”, sinalaba Abel Caballero o pasado 18 de maio.

Os promotores do cambio de situación -entre os que se encontran os principais empresarios do sector do frío industrial da cidade- cren que o proxecto é agora irrealizable a curto prazo.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: