ை O sufrimento dos kiosqueros de Vigo

ilcanallarubens_kiosco-lola_2016_vigo

Voulles contar unha cousa que esta acontecendo na actualidade nos vosos quioscos da cidade da Detroit Viguesa, Lola ten un quiosco en Vigo (Galiza) dende hai 10 anos, diríxome a vós lectores da miña paxina web para que saibades o que sucede coa prensa escrita, as revistas e etc… para contarlles un abuso ao que están a ser sometidos os kiosqueros por parte das DISTRIBUIDORAS.

Lola como outros compañeiros dos quioscos piden que:

1º Pagamento diario de prensa Nacional e deportiva.

2º Pagamento de revistas vendidas, non sobre as recibidas.

3º Eliminación dos TRABALLOS AUXILIARES e XESTIÓN ADMINISTRATIVA.

Explícolles por enriba o funcionamento dos distribuidores, mándanlles a mercadoría que queren e a cantidade que lles dá a gana, mercadoría que deben pagar por adiantado.

Tan só teñen o dereito a unha devolución á semana, o aboamento faise efectivo á semana seguinte ou no caso da mensuais un mes despois, iso se cun pouco de sorte obviamente.

Por se isto non fose suficiente uns cóbranche 36 € á semana polos portes aínda que eles o denominan TRABALLOS AUXILIARES e outros 20 € á semana a denomínano XESTIÓN ADMINISTRATIVA.

Pero non a todos lles cobran os mesmo estando na mesma cidade, hai quioscos segundo di Lola que pagan 30€ a unha e 30€ á outra á semana, en Villagarcía de Arosa na provincia de Pontevedra unha cobra 36,21€ e outra 26,12€. E son as mesmas distribuidoras.

Cóbranlles por recibo devolto e a mercadoría non enviada, se non poden facer fronte á factura córtanlles o servizo aínda tendo un depósito de diñeiro (en aval ou en efectivo), pero só serve para a recepción da mercadoría non para facer fronte a unha factura.

Gran parte dos beneficios dos kiosqueros vanse aquí xa que gañan entre un 20-25%-25 do PVP do produto.

O sistema que teñen nunca foi factible di Lola, pero é que nestes momentos difíciles, incertos, duros e desesperantes para todos e todas as circunstancias xa son insostibles, Lola di que aínda que se este pasando por eses momentos ela non perde a esperanza e a alegría para seguir adiante como tamén o espera que os seus compañeiros o fagan xa que hai que seguir cara a adiante contra vento e marea.

Lola quere facer público isto porque cada vez a situación leva ao peche de máis establecementos, algúns dos kioscos máis emblemáticos da cidade tiveron que facer o peche.

Lola abriu unha recollida de asinaturas en Change.org co que pretende pedirlle ás editoriais e distribuidoras que eviten o peche de máis quioscos cambiando o sistema de cobramento e devolución da mercadoría.

Podes asinar aquí.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

2 Respuestas a “ை O sufrimento dos kiosqueros de Vigo

  1. lola3066 28 febrero, 2015 en 8:48 AM

    Simplemente muchas gracias 🙂

  2. Kiosco Colores Papelería 28 febrero, 2015 en 9:21 AM

    Lástima que esté sólo en gallego. Es un problema general, no solamente de los kioscos de Galicia.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: