ை O Banco Santander comprometeuse a deixar de financiar a papeleira APRIL.

Ilcanallarubens_monos_BancoSantander_DeixaDeFinanciar_2015O meu compañeiro Miguel A. Souto faime chegar unha nova noticia, unha noticia máis que boa. Coméntame que o banco Santander se comprometeu a deixar de financiar o maior destrutor actual de bosques en Indonesia, a papeleira APRIL.

Unha vitoria que foi posible pola presión de miles de persoas que asinaron peticións, difundido vídeos nas redes sociais e mesmo chamaron á entidade bancaria reclamando que a empresa deixe de financiar a destrución do planeta, eu Rubens fun un dos que fixo chamada tras chamada a sede central do Banco Santander.

Quero trasmitir e queremos trasmitirles os membros e membras de Greenpeace a todos e todas as pesoas como o ti que este feito acometido fose posible, hai que seguir parando a destrución de areas naturais, conseguimos que un dos maiores bancos de Europa poña fin á a súa relación cun dos maiores destrutores dos bosques en Indonesia. Unha estupenda noticia que axudará a preservar o fogar de especies en perigo, como o orangután ou o tigre de Sumatra.

Despois de verse retratado nas redes sociais e recibir miles de mensaxes e reclamacións, o banco anunciou que non renovará o préstamo actual á compañía, e que calquera financiamento futuro estará condicionado a que APRIL poña en marcha unha política forestal que protexa os bosques, tanto polo valor da súa biodiversidade coma por ser grandes almacéns de carbono.

O Santander xa comunicou esta decisión á papeleira: non darán máis financiamento a menos que cambien a súa política forestal. Non máis bosques tropicais convertidos en pasta de papel.

Hai que dicir, ao seu favor, que o Santander escoitou e respondeu. Pero tamén é importante salientar que isto nunca tivese pasado se o banco contase cunha política seria e coherente que impida que empresas implicadas na deforestación poidan obter préstamos.

Miguel A. Souto e Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: