ை O futuro ascensor da Detroit Viguesa

IlCanallaRubens_ICR-Photographer_Obras_AscensorDeMenendezPelayo_2015

Hai uns días poñíase en marcha as obras do ascensor de Menéndez Pelayo, e esta mañá achégueime ata o lugar para ver como ían as obras e para a miña sorpresa vin que non había ninguén traballando nelas, esta obra terá un prazo de execución de sete meses, para finalizar polo tanto durante o próximo verán.

A obra supoñerá un cambio radical e a posibilidade de formular outra forma de “pensar” a cidade. Este ascensor urbano inclinado salvará a pendente de vinte metros que separa a avenida das Camelias da rúa Menéndez Pelayo dentro dunha nova actuación forma parte do proxecto “Vigo vertical” como tamen a escaleira mecánica entre Porta do Sol e Abeleira Menéndez a través da rúa II República.

Actualmente hoxe as escaleiras mecánicas encóntranse paradas e pechadas para instalar unha cuberta, aínda que hai que recordar que estas escaleiras mecánicas tiveron problemas de funcionamento no seu primeiro día e no seu segundo e no seu terceiro…  todo pola humidade, xa que as devanditas escaleiras conta cun sensor de humidade e a Detroit Viguesa como ben sabida é unha cidade moi húmida pola aproximación ao mar e as súas famosas chuvias, tal como dicía o grupo máis internacional vigues Sinistro Total “Miña terra galega, onde o ceo é sempre gris, miña terra galega,”. Segundo a torre do concello da cidade di que a colocación da cuberta nas escaleiras se solucionaran eses problemas. De momento só hai dous tramos, queda aínda un treito ata arriba.IlCanallaRubens_ICR-Photographer_Obras_AscensorDeMenendezPelayo_Recreacion_2015

O ascensor inclinado é un experimento que percorrerá unha distancia aproximada de 32 metros, salvando unha diferenza de 20 metros de altura entre Menéndez Pelayo e Camelias e trazando polo menos outro tramo da rúa Juan Ramón Jiménez, que chega ata Beiramar. Dáse a circunstancia que dende a falda do Castro ata o Auditorio apenas hai 200 metros, pero a distancia resulta moito maior ao non haber comunicación directa. Ata agora.

O proxecto conta cun investimento, xa fixado nos presupostos deste ano, de 600.000 euros. A esa cantidade hai que engadir uns 30.000 para instalar este ascensor, que será personalizado para o Concello de Vigo e que conta cun prazo de execución de sete meses para permitir que estea en funcionamento na primeira metade de 2015.

Segundo explica nos seus obxectivos, o sistema permitirá “garantir e mellorar a mobilidade dos peóns”, en especial aqueles que teñan problemas de desprazamento, racionalizando ao mesmo tempo o aproveitamento dos espazos das rúas. A área da actuación ten 530 metros cadrados en total e un dispositivo salvará así os 20 metros de altura.

A capacidade de carga do ascensor será de 25 persoas o que en teoría permitiría unha capacidade de desprazamento de 1.700 persoas cada hora.

Ademais, dará servizo a tres paradas segundo dixo o edil da cidade da Detroit Viguesa, as tres paradas serán en Menéndez Pelayo, Camelias e unha intermedia permitindo o acceso a uns locais existentes en tres cotas distintas.

Facendo un traballo de hemeroteca esta instalación do ascensor xa se formulou fai agora 21 anos, en tempos do alcalde Manuel Pérez, cunha proposta similar á existente en Lisboa, pero finalmente foi descartada ao considerarse entón dende o concello que supoñía un custo excesivo para un servizo que apenas tería utilización. E canta razón tenia aquel alcalde da cidade Detroit Viguesa. Mentres na actualidade o alcalde da cidade Abel Caballero prefire gastar ese diñeiro nun ascensor mentres os ex usuarios de Sereos esperan a que lles poñan un local como o que tiñan, xa que o que teñen na actualidade e unha furgoneta, levan 18 meses sen local 18 meses acudindo a furgoneta, pero mentres tanto o alcalde prefire instalar un Buque nunha rotonda, unhas Escaleiras mecánicas, un ascensor e o estadio de Balaidos, un alcalde para as maiorias e non xusto.

Hai que recordar que a posta deste ascensor en Menéndez Pelayo foi por un grupo de veciños do ámbito que se dirixiu o goberno local a pedir unha solución para a rúa e grazas a dirixirse ao goberno a súa petición resulto exitosa.

Este ano 2015 posiblemente o ámbito do Auditorio de Beiramar terá unha nova cara xa que se prevé unha humanización grande.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: