ை Vigo flashback: O metro da Xunta para Vigo

IlcanallaRubens_Vigo_Transportes_MetroVigoHoxe nesta sección bautizada co nome de Vigo flashback e hoxe tócalle a un proxecto que a Xunta de Galiza proponia unha linea de metro para a cidade de Vigo o que querían facer funcionar a partir do 2009 tras un investimento de 335 millóns de euros.

Este proxecto o 65 por cento achegaríao o Goberno da xunta de Galiza, o Estado español e os fondos da UE (Union Europea), en menor cantidade o Concello da Detroit Viguesa.

Un investimento de 355 millóns de euros, achegada polas administracións e unha empresa privada, permitirían conectar a zona do Berbés en Vigo coa urbanización actual de Navia en tan só 17 minutos grazas a un proxecto presentado pola Xunta para construír antes de finais de 2009 unha liña de metro que percorrería a cidade dun extremo a outro.

Esta proposta foi feita pública por aquel entón polo vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Política Territorial, Alberto Núñez Feijóo o actual presidente da Xunta de Galiza, quen presentou un estudo iniciado no segundo semestre de 2004 segundo o cal a construción dun metro na cidade de Vigo seria a mellor opción de futuro para interconectar toda a urbe e facilitar ademais o transporte público interurbano en toda a súa área.

A liña de metro, que segundo os prazos da Xunta podería estar operativa en decembro de 2009, tería 13 estacións que irían dende o porto do Berbés, pasando por toda a zona da Estación Marítima e o Areal cun tramo de dous quilómetros en superficie; ata RENFE, Praza de España, Gran Vía, A Salgueira, Praza de América, La Florida, La Bouza e Navia, xa de xeito subterráneo.

En total serían máis de oito quilómetros de liña nos que circularían 12 coches cunha frecuencia de seis minutos e que
permitirían conectar toda a cidade en tan só 17 minutos. Ademais, o proxecto incluía unha segunda fase de ampliación para crear outra liña que uniría O Calvario con Pereiró, pasando por Camelias, con unha lonxitude de 5,3 quilómetros e un investimento duns 240 millóns de euros.

CON PRAZOS VIABLES

O estudo presentado por Núñez Feijóo viño acompañado de prazos que, segundo afirmou son “perfectamente viables” e que, de cumprirse, supoñerían que a cidade contará cun metro operativo en decembro de 2009. Para iso, ata maio de 2006 a Xunta comprometeuse a realizar o informe ambiental do anteproxecto e os estudos de tráfico.

O Goberno galego iniciaría a partir dese momento a elaboración dos pregos para sacar a concurso o proxecto de obra

que se comprometeu a adxudicar en novembro de 2006. A concesionaria, cun contrato en vigor de 35 anos, tería que
presentar o proxecto construtivo en novembro de 2007, co obxectivo de iniciar as obras en decembro dese mesmo ano.

FINANCIAMENTO COMPARTIDO

En canto ás achegas, o proxecto de Núñez Feijóo contemplaba que o 65 por cento dos 355 millóns de euros sexan
facilitados polas administracións públicas. Así, a Xunta, o Estado e os fondos da UE deberían ofrecer un total de 71,18
millóns de euros cada un e o Concello de Vigo 7,8 millóns de euros.

O resto do presuposto necesario para a obra deberá asumilo a concesionaria, no que se inclúe a elaboración do proxecto
construtivo, a execución das obras, a adquisición e mantemento do material móbil e a conservación e gastos anuais
do servizo, que serían uns 9,11 millóns cada ano.

A SOLUCIÓN AO TRÁFICO

A construción dun metro en Vigo foi proposta por Núñez Feijóo como a mellor fórmula para unha cidade que sofre cada día un tráfico nos seus seis principais viais de máis de 200.000 coches, que conta con 300.000 habitantes e unha poboación metropolitana de 500.000 persoas. Ademais, esta urbe asume máis de cinco millóns de viaxeiros ao ano que chegan por tren, mar e autobús.

O obxectivo primordial é a mellora da accesibilidade a un transporte público sen problema de atraso nas súas frecuencias dende todos os puntos da cidade, con especial incidencia naqueles en os que se concentra un maior número de persoas e supoñen os accesos e saídas da cidade por outros medios de transporte colectivo.

O metro permitiría, segundo Núñez Feijóo, a diminución do uso de vehículos particulares no centro da cidade, a redución da contaminación, o aumento de espazos en superficie e a seguridade de os peóns, así como o achegamento das zonas menos céntricas á área de servizos da cidade, ao tempo que se facilitan os accesos ao transporte interurbano en toda a área.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: