ை Willy Toledo e Diego Cañamero hoxe estarán en Vigo no Barrio de Teis

ilcanallarubens_MarchasDaDignidade_2015_Vigo_ActoWilly Toledo e Diego Cañamero estiveron onte nun acto en apoio da columna galega das Marchas da Dignidade na Coruña, hoxe  estarán en Santiago de Compostela e logo en Vigo.

E hoxe día 10 de marzo as 11 da mañan, estaran no obradoiro (Diante da escalinata da Catedral), acompañando a representantes da Columna Galega das marchas da Dignidade nunha rolda de prensa e pola tarde participarán no acto programado as 20h no Centro Cívico de Teis na Detroit Viguesa.

Willy Toledo, actor, e Diego Cañamero, portavoz do Sindicato Andaluz de Traballadores (SAT), co obxecto de presentar publicamente a participación da Columna Galega nos actos e nas mobilizacións que terán lugar o vindeiro 21 de Marzo en Madrid en defensa do “Pan, Traballo e Teito” que veñen reivindicando e no marco da campaña: “Voltamos a Madrid”. Xa pola tarde estarán noutro acto en Vigo , no Centro Cívico de Teis. Ás 20:00 h.

No acto de Vigo falaran:
Willy Toledo (Actor)
Tereixa Otero (Marcha Mundial das Mulleres)
Manolo Camaño (Portavoz da CUT)
Xulia Alonso (Portavoz da P. A. Hepatitis C)
Diego Cañamero (Portavoz do SAT)
Acto presentado:
Mónica Camaño (Actriz)

O 21 DE MARZO AS MARCHAS DA DIGNIDADE VOLVERAN A TOMAR AS RÚAS DE MADRID. CAMIÑANDO CARA A FOLGA XERAL. PAN, TRABALLO E TEITO.

O pasado 6 de marzo, a Asemblea pola Unidade, recentemente constituída en Cangas de Morrazo para acadar unha fronte popular municipal que remate coas políticas de dereita e co Partido Popular, deu o seu apoio á plataforma das Marchas da Dignidade. Este proxecto político, que xuntou na súa primeira asemblea a arredor 150 membros, recolleu a petición veciñal  de secundar as mobilizacións do colectivo que representa Diego Cañamero como altofalante dos movementos sociais e do sindicalismo alternativo.

A Asemblea pola Unidade manifestou sentirse inspirada polo carácter unitario e popular da nosa plataforma. Tamén aproveitou a ocasión pra animar os demais colectivos da comarca e do país a incorporarse á Columna Nacional Galega que se desprazará en tren á gran manifestación que teñen programada as Marchas en Madrid para o 21 de marzo vindeiro.

Rubens Rocha apoia e participa nas Marchas da Dignidade [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: