ை Vigo segue celebrando oficialmente unha festa equivocada.

ilcanallarubens_EscenaReconquistaVigo2012_2015A data correcta para a celebración da Reconquista de Vigo sería o 4 de agosto de 1823.

Onde estaban os abades de Couto e Valladares chamando ás armas cando os 100.000 franceses de Angulema invadiron España en 1823? Onde estaban os patriotas de Vigo cando Morillo se pasou ao invasor? Onde estaban os heroes de 1809 cando os liberais eran perseguidos e fusilados en Redondela? Onde estaban aquel día que Morillo recibe a rendición das autoridades constitucionais da leal e valorosa cidade?

Á parte das consagradas mentiras sobre o que realmente pasou, xa que a crónica oficial malamente casa co que sobre a chamada “Reconquista de Vigo” escribiron reputados investigadores, especialmente sobre o decisivo papel das fragatas inglesas, cada ano repítese a mesma historieta, algo mellorada nalgún dos seus contidos. Por exemplo, xa non se alza a bandeira portuguesa, bandeira republicana de 1909 como insignia do tenente Almeida, aínda que si bandeiras de Galiza que non existían como tales naquel tempo e outras curiosidades.

Onde está o valor didáctico e cidadán dunha falsificación ou, en todo caso, unha celebración que resalta a reposición do Rei absoluto en nome da alianza do trono o altar. A finais de xuño de 1923, o xeneral Morillo chega a Lugo á fronte de Cuarto Exército de Operacións. Álzase contra a rexencia, instalada en Sevilla e reúne en torno seu a un escollido grupo de elementos reaccionarios, con abundancia de representantes do clero ultramontano. O xeneral Quiroga e o coronel do Rexemento de Aragón ínstanlle, sen éxito a manterse leal á Constitución de 1812, pero o traidor ten outros plans.

Morillo foi un eficaz instrumento da represión contra os elementos liberais en Galiza. O 4 de agosto de 1823, entra en Vigo. A rendición da cidade recíbea en Redondela, onde é agasallado polos elementos menos comprometidos da política liberal. Ao mesmo tempo, as bandas realistas entréganse a todo tipo de excesos. Despois de dúas semanas de estanza en Vigo, Morillo avanza sobre A Coruña, cidade na que entra o día 21. Aquí tiveron máis tempo para escapar os elementos liberais, que lograron fuxir a Inglaterra.

Outro personaxe de maior relevo dramático desta historia segue sendo o cura de Valladares Juan Rosendo Arias Enríquez e outros dous monxes franciscanos. Non se esqueza que as proclamas do cura de Valladares e Troncoso, o home do marqués da Romana, recrutaron a súa xente baixo a inmediata ameaza de fusilar a todos aqueles que non se aprestasen á loita voluntaria. E o obxectivo era devolver o trono ao rei absoluto, non outra cousa. A estes curas o que os impulsaba era o temor a que prendesen as ideas da Revolución Francesa.

Pero que o Concello patrocine esta festa e a veciñanza se sume a ela, esquecendo os verdadeiros heroes de 1823, é unha evidencia da propia incultura cidadá que, asombrosamente, patrocinan o alimón os chamados “progresistas” do PSOE e do Bloque.

Vigo, co rei José Bonaparte, foi capital de provincia e iniciou un proceso de modernización que foi cortado en seco cando regresa o rei felón, Fernando VII; un rei que por certo, felicitaba a Napoleón polas súas vitorias sobre os españois que trataban de devolverlle o trono, e que mentres os franceses abandonaban Vigo, el se declaraba fillo de Napoleón e lle pedía unha princesa da Casa Imperial por esposa.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: