ை Os xornalistas de investigación séntense vixiados en EEUU.

ICR-Photographer_Ilcanallarubens_XornalistasTraballando_2015Recentemente o Pew Research Center e o Tow Center for Digital Journalism de la Universidad de Columbia fixeron pública unha enquisa realizada entre o 3 e o 28 de decembro a 671 xornalistas membros da asociación de Editores e Reporteiros de Investigación (IRE polas súas siglas en inglés), acerca das percepcións destes no relativo á súa vulnerabilidade fronte á vixilancia por parte das autoridades.

Cabe sinalar que ao redor de dúas terceiras partes (un 64%) dos xornalistas de investigación enquisados por Pew Research Center cren que probablemente o Goberno dos Estados Unidos recompilou datos sobre as súas chamadas telefónicas, intercambios de correos electrónicos e comunicacións online, e oito de cada dez sosteñen que ser xornalista aumenta a probabilidade de ser vixiado. Aqueles que traballan en reportaxes relacionadas coa seguridade nacional, as relacións exteriores e o Goberno Federal estadounidense son particularmente propensos a crer que as autoridades xa recompilaron datos sobre as súas comunicacións electrónicas.

Ata o momento, estas sospeitas non se traduciron, na maioría dos casos, en abandonos por parte dos xornalistas das investigacións que viñan realizando: só o 14% asegura ter tido que abandonar unha historia ou renunciar ao acceso a unha fonte a causa da inquietude por unha posible vixilancia. Non obstante, case a metade (o 49%) si chegou ao extremo de alterar a forma en que almacena ou comparte documentos sensible; un 29% alterou o modo en que se comunicaba con outros xornalistas, ou cos seus editores / produtores; e un 38% fixera o propio á hora de comunicarse coas súas fontes.

Cando se trata de buscar protección externa contra ameazas dixitais como a vixilancia e o roubo de documentos, os xornalistas non conceden moita confianza aos seus ISP (provedores de acceso a Internet): só o 2% confía moito nestas compañías, fronte ao 71%, que desconfían destas. As distintas clases de organizacións vinculadas coa información reciben valoracións contrapostas á hora de xulgar a súa capacidade para protexer a seguridade das comunicacións dos seus empregados. Entre os 589 enquisados que traballan para algunha delas, un 50% afirma que non fan todo os suficiente para protexer aos xornalistas e as súas fontes da ameaza da vixilancia das autoridades, mentres que o 47% afirma o contrario.

Relevante: máis da metade (un 54%) asegura non ter recibido ningunha clase de formación -máis ou menos formal- respecto a temas de seguridade electrónica por parte de actores vinculados ao periodismo (axencias, asociacións de periodismo, medios, etc). En xeral, os datos da enquisa presentan un panorama complexo no que unha maioría de xornalistas de investigación se senten vulnerables á vixilancia estatal e o roubo de datos, aínda que non sempre alteran as súas propias prácticas de acordo a tal ameaza. Finalmente, o 97% recoñece que a día de hoxe, os beneficios da comunicaciónonline (correo electrónico, smartphones) superan aos riscos.

Traducción de: Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Articulo de:  [@mmerino]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: