ை Un mal día para la democracia.

ilcanallarubens_amordazado_nonaleimordaza_2015O Partido Popular e o ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, fixeron oídos xordos ante o rexeitamento social xerado polas reformas do Código Penal e a Lei de Seguridade Cidadá. Unhas reformas que terán graves repercusións sobre varios dereitos fundamentais. Decidiron permanecer xordos ante o rexeitamento das organizacións e movementos sociais, de institucións internacionais de protección dos dereitos humanos, de asociacións de avogados, xuíces e fiscais, de partidos políticos. fotoxornalistas e xornalista ou ata de sindicatos policiais.

Non só non escoitan, senón que seguen insistindo en que non se recortan os dereitos fundamentais.

O ministro Fernández segue no seu mundo irreal onde existe un grave problema de seguridade cidadá e onde estas leis nacen como resposta a unha demanda social. Imaxinan unha historia de ficción de rúas que se enchen de violentos. Por iso hai que deter a quen cometa un delito… e tamén a quen se sospeite que podería cometelo ou, por que non, a quen rolde polos arredores. Ata 30.000 euros por concentrarse fronte a un parlamento autonómico ou ata 600.000 euros por convocar unha marcha a unha central nuclear sen comunicación previa.

Esta lei será unha ferramenta para que o Goberno e os seus “amigos”, que dirixen as políticas ambientais e enerxéticas no noso país, o teñan máis doado para aplicar os seus obxectivos sen a acción incómoda da sociedade civil.

Greenpeace estivo esta mañá ante o Congreso para mostrar o seu rexeitamento á nova Lei. “E imos seguir loitando a todos os niveis para asegurar a súa derrogación” di Greenpeace. “Xunto a outras organizacións seguiremos mobilizándonos para expoñer a desproporcionalidade das leis, e, por suposto, continuaremos exercendo a nosa liberdade de expresión mediante a protesta pacífica” asegura Greenpeace nesta mañá.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: