ை Susan Geoge estivo en Vigo grazas ao Colectivo Ecoar.

Ilcanallarubens_ICR-Photographer_SUSANGEORGE_Vigo_2015O pasado día 26 xoves a cidade da Detorit Viguesa tivo a visita dunha grande activista, a activista Susan George, esta visita foi grazas ao colectivo Ecoar que con moito esforzo conseguiu que nos visitase.

Susan George e activista, escritora, científica sociopolítica e presidenta da Xunta do Transnational Institute (TNI). Entre os seus títulos académicos encóntranse os de doutora en Ciencias Políticas (École des Hautes Études en Sciences Sociales, Université de Paris), licenciada en Francés (B.A.Smith College, EE.UU.) e Filosofía (Sorbonne, París), etc. O seu traballo actual vai encamiñado cara a loita contra o modelo actual da globalización, organización do comercio mundial, as institucións financeiras internacionais e as relacións norte-sur.

A partir de 1990-95 desempeñou servizos no comité de Greenpeace Internacional así como a de Greenpeace Francia. É un membro do grupo de Lisboa, patrona do xubileo 2000 e actuou como consultora de varias axencias especializadas de Nacións Unidas (FAO, UNESCO, Unicef etc.). Susan George é una portavoz pública habitual, determinante para os sindicatos e as organizacións non gubernamentais en moitos países e se entrevista a miudo coa prensa, a radio e a televisión.

O traballo de George vai encamiñado, nos últimos anos, cara a loita contra o modelo actual da globalización, organización do comercio mundial, as institucións financeiras internacionais e as relacións norte-sur.

George é especialista, entre outros temas, en reforma da Unión Europea, política comercial europea, débeda e institucións financeiras internacionais, alternativas á globalización empresarial, taxa sobre as transacións especulativas; seguridade alimentaria e comercio internacional. Sobre estes temas escribiu máis dunha decena de libros que foron traducidos a diversos idiomas, ademais de numerosos artigos.

As xornadas “Recuperar Soberanía, desarmar o TTIP”, que pretenden ser un punto de encontro no que informarse e debater sobre os Tratados de Libre Comercio, e Susan o pasado xoves no marco das accións globais contra o TTIP visitounos no centro civico de Teis como tamen vistara otras partes do mundo xa que esta imersa nunha campaña mundial, esta campaña culminará o día 18 de abril co Global Action Day. Ao longo destas sesións, abertas a toda a cidadanía, analizaranse polo miúdo as características, orixe, alternativas e consecuencias dos Tratados de Libre Comercio (TTIP, TISA, CETA,…). Neste post poderan ver o acto completo que tivo o pracer de gozar a cidadanía Viguesa. Recordarlles que é ben importante que todos vostedes teñan esta información xa que se se levase a cabo o TTIP nós seriamos cómplices de ser quen deu a patria e protestade ás grandes corporacións e as grandes empresas multinacionais as cales que poderian decidir por nós e o mundo así non seria democrático.

O colectivo Ecoar ten na súa programación esteas actos os cales realmente alento a cada un de vostedes, lectores e lectoras deste espazo web.

Videoconferencia: Florent Marcellesi (investigador, político e activista ecoloxista, europarlamentario por EQUO) + Tom Kucharz (xornalista, investigador social e activista).

– Sábado 4 de Abril, 20:00h. (Salón de Actos do IES Santa Irene, Vigo)

Conferenciante: Albano Dante Fachín (activista e editor de Café amb Llet)

– Xoves 9 de Abril, 19:00h. (Salón da Actos da Facultade de Económicas, Santiago de Compostela)

Conferenciante: Ricardo García Zaldívar (activista, Doutor en Economía, profesor na Universidad Carlos III Economía e Presidente de Attac España)

– Luns 13 de Abril, 19:00h (Aula Magna da Facultade de Socioloxía, A Coruña)

Conferencia: Arcadi Oliveres (activista, pacifista, Doutor en Ciencias Económicas e profesor na Universitat Autònoma de Barcelona).

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: