ை Illas urbanas da Detroit Viguesa.

Ilcanallarubens_IllasUrbanisticaDeVigoComentarlles eu estude no medio do monte nun colexio chamado Colexio Andersen Augalonga, o ámbito do colexio era todo natural daquel entón e agora xa non o é tanto xa que edificaron moito pola zona pero bueno coméntolles, as ILLAS URBANAS da cidade de Vigo están en perigo e ameazadas por ese pesadelo con nome e apelido e esa é LADY ESPECULACIÓN.

Algunha vez fixástesvos como Vigo esta distribuido, algunhas zonas de Vigo teñen un urbanismo baseado na dos pobos galegos…, isto é: rúa principal, edificios de 10 plantas (no caso de Vigo) e o resto POBO!

Móstrovos unha captura na que podedes observar as Illas Urbanísticas distribuídas por todo Vigo.

Como podedes observar son 7 as illas existentes, e a maioría sitúanse en Coia e Fragoso. Estas illas son (na miña opinión) as máis representativas, en especial A Carballa e A Espedrigada. Estas dúas illas encóntranse rodeadas por edificios (na súa maioría de máis de 10 plantas) situados nas rúas Castrelos, Fragoso e Florida. O caso mais fragante e O Catastro na que podedes apreciar o efecto do minifundio en Galiza. A forma de facer estas illas é unha forma de intentar que o pobo que foi Vigo desapareza e no seu lugar se fagan esperpentos arquitectónicos, normalmente a estratexia de illar a casas unifamiliares cos seus terreos ten o seu efecto positivo aínda que na Detorit Viguesa hai núcleos como poden observar na captura resisten a pesar de estar illado.

Se que hai xente que non as coñece o cal vos animo que me avisedes para levalos a estas illas así que vos animo a que vistes algunha. Encontrárdesvos un cambio radical, pasas de estar rodeado de edificios de grande altura a estar inmerso nunha aldea, na que non oes nin un só coche e mesmo podes espertar co canto dos paxaros o cal iso se é vida, algunhas non se pode acceder co coche polo abandono que teñen a zona por parte do concello xa que non te son tan visibles e tamen para sumarse á presión que xa vos comente antes. Nalgunha que outra vos encontrardes con galiñas, cabalos, ovellas e gansas. O incrible é que algúns vos levardes unha sorpresa xa que non vos imaxinabades que isto se encontraba en plena cidade e a uns metros que andes entras nesa bela vida dunha aldea, unha vida de paz sonora.

É unha boa oportunidade visitalas e recrearse no interior delas o que denomino eu aproveitarse delas para ter paz interior. Eu son un defensor con decisión destas illas xa que son un tipo en contra da que denomino eu LADY ESPECULACIÓN e para iso se me ocorreu mil e unha idea das ILLAS URBANAS, unha é o uso desas zonas como espazos verdes, outra é deixalas tal como están e declaralas Patrimonio da Cultura de Vigo, outra idea é non seguir o exemplo do que se fixo na Miñoca.

Un exemplo de Illa Urbana

Respecto ao CamiñoSeara:

Os poucos residentes da Seara consideran que hai opcións, a primeira, que eles mesmos poñan en marcha a actuación, o que esixe un acordo xa alcanzado- por máis do 50 por cento da propiedade- e un compromiso do Concello para a colaboración mediante a modificación puntual do PGOM ou a redacción do novo PERI (urbanización). Segundo me explicou un voceiro veciñal, ademais dos seus terreos e casas habería que incluír no PERI Seara os soares que eran propiedade dos bancos que no seu momento estiveron interesados en desenvolver o ámbito polas súas boas condicións.
A actuación do ámbito da Seara leva máis de quince anos de espera para desenvolver a maior franxa de terreo no centro, 57.000 metros cadrados, dende detrás do Centro Comercial de Camelias ata o cruzamento de Tomás Alonso con López Mora. De momento, todos os intentos resultaron falidos por completo malia que os veciños, cada vez menos, están de acordo. Mentres, a ruína se estende ao longo do CamiñoSeara, con vivendas okupadas ou onde se producen incendios ou a caída de pedras e outros elementos. “É un perigo”, din.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

(Próximamente versión extendida deste efecto na Detroit Viguesa)

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: