ை Comunicado PODEMOS cambiar Galicia.

Hoxe fanme chegar un comunicado de PODEMOS cambiar Galiza e aquí poden poden ler o comunicado.

ilcanallarubens_podemoscambiargaliza_2014-2015Como en moitas das persoas deste maltratado país, a irrupción de Podemos no panorama político estatal espertou en nós unha gran ilusión de que o cambio sería posible. Mais non só iso, senón que nós, os cidadáns e as cidadás que habitamos toda a xeografía peninsular e insular deberíamos ser os protagonistas dese cambio.

Por iso estamos aquí.

Fomos e somos partícipes de recuperar os dereitos arrebatados polos representantes das nosas institucións mediante a ferramenta Podemos, e facéndoo ás veces dun xeito que non é o máis democrático posible segundo o noso xeito de entender Podemos. Por iso non nos podemos quedar impasibles ante os sucesos que están a acontecer en distintos lugares de Galicia e España, como en Andalucía, Cantabria ou Valencia, onde dun xeito ou doutro se intenta poñer coto á participación popular, que se supón que é o que nos diferencia dos demais partidos e, non esquezamos, que foi precisamente esta participación, a que fixo que a onda que levantou Podemos se convertera nun tsunami.
Dende Podemos Cambiar Galicia defendemos e facémonos defensoras dos estatutos que aprobamos na primeira asemblea estatal, aínda que pensamos que unha profundización democrática en Podemos non só é aconsellable, senón que é unha obriga que todas as persoas simpatizantes deberían ter sempre presente, xa que o déficit democrático dos partidos clásicos está na orixe de todo este movemento.

Hai varias cuestións que son perentorias por estar enriba da mesa nestes momentos, aínda que todas se poderían resumir nunha: o respecto ós estatutos do partido, que non é outra cousa máis ca vontade popular.

A falta de transparencia, a ausencia de comunicación coas bases así como a toma de decisións unilaterais, fan que entre parte da militancia comece a espertar unha desafección que de non poñerlle remedio podería levar a Podemos a ser un partido coma outro calquera. Tamén se nota unha certa falta de imparcialidade nas decisións que toman as distintas comisións de garantías territoriais, o cal non é de estrañar debido a que na meirande parte dos casos, este órgano pertence ó mesmo equipo que se supón debería fiscalizar.

Por iso, e dende unha óptica construtiva, queremos chamar a atención da dirección estatal de Podemos para que retome os principios que nos levaron a levantarnos dos sofás e participar activamente no cambio que todas e todos os cidadáns están reclamando, a eses ós que nos debemos e que teñen que estar sempre nas nosas mentes para non desviarnos do camiño que emprendemos fai xa máis dun ano. O único xeito de cambiar a historia deste país é que toda a cidadanía poida involucrarse e participar de xeito aberto, transparente e en igualdade de condicións.

Queremos sentir orgullo de pertencer a Podemos, o partido máis democrático e aberto a participación. Queremos poder estar en todos os foros coa cabeza alta e sen complexos.

O comunicado remata con:

Xuntos Podemos Cambiar Galicia, xuntas Podemos Cambiar o Mundo.

PODEMOS cambiar Galicia.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: