ை Selfies en tempos de política

Algúns e algunhas coñécenme polo vigues que leva dúas cámaras de fotos e abecés tres no pescozo andando polas rúas de Vigo fotografando partes da cidade como tamén concentracións e manifestacións, son un fotógrafo que non personifica en persoas individuais nas manifestacións e concentracións como algúns compañeiros fan o cal non quere dicir que este en contra diso xa que respecto a súa forma de traballar, non so compañeiros o fan esto senon tamen os lideres políticos ou representantes políticos o cal eso si que o miro mal, a miña forma de disparar o botón de captura da cámara é captar á parte do pobo que sae á rúa a loitar xa que concibo que eles son os personaxes elementais para unha foto.
ilcanallarubens_selfiePabloIglesiasEIñigoErrejon_2015Bueno despois desa introdución que nada ten que ver ou se co tema que hoxe veño a tratar que é nada mais nin menos que os “selfies en tempos de política”. Os selfies son un xeito de mostrarse ao mundo; fotos comendo, comprando, con amigos, en parella, antes de durmir ou recén levantado… o que antes se chamaban as autofotos de toda a vida, como eu sigo denominándoo.

Segundo os lideres políticos da nova política din que o pobo debe empoderarse ou o pobo debe ser o actor principal, pero? De dicir a facer hai un treito bastante grande e o exemplo mais fragrante é sen dúbida ningunha cando un destes lideres políticos ou responsable dunha parte da área dun partido acode a actos como unha manifestación ou concentración saca do seu peto o seu teléfono intelixente e faise unha autofoto (selfie) e sóbeo á rede social na cal esta rexistrada, a súa mensaxe anterior que o pobo debe empoderarse ou o pobo debe ser o actor principal queda reducido a unha traizón xa que personalizan en se mesmos unha loita cando a loita é do pobo que aí esta concentrado.

Algúns deses selfis que se fan lidérelos políticos nas manifestacións ou concentracións son horribles xa que antes de disparar o botón do móbil pois non limparon ben a lente o cal a captura instantánea sae ben horrible e iso fai que a mensaxe que se trasmite cun texto desvaloriza o texto, sempre dixeron que unha imaxe vale máis que mil palabras.

Que poden dicir da túa personalidade os selfies?

Segundo explica a doutora en psicoloxía Andrea Letamendi de la Universidad de California, o ‘eu espello’ é un concepto psicolóxico que suxire que desenvolvemos a nosa forma de vernos respecto ás opinións e apreciacións dos que nos rodean. Agora coas redes sociais, son centos as persoas coas que podemos interactuar ao mesmo tempo e así estas convértense no mellor escaparate para mostrar como queremos que nos vexan os demais e tamén saber como realmente nos ven a través dos seus comentarios formando así na política un referendo on line (isto debe ser con moderación).

A psicóloga Letamendi explica que non é que os selfies sexan malos, pero en moitos casos o problema xorde cando a lente non se limpa antes de tomar unha foto ou que a foto se corresponda á mensaxe que levas dando un bo tempo cara á sociedade grazas ás redes sociais, en poucas ocasións se converten nunha obsesión nun representante político ou líder político, pero hai algúns que se se obsesionan.

Personalidade con trazos narcisistas e antisociais?

Un estudo realizado a finais de 2014 por investigadores da Universidade Estatal de Ohio desvelou que os homes que publican máis selfies nas súas redes sociais teñen trazos narcisistas e antisociais.

A personalidade narcisista é aquela que se considera o centro de atención, algúns lideres políticos ou representante político posúen esa parte ben marcada o cal iso pode rematar coa súa carreira, esaxeran a imaxe que ten deles mesmos e levan ao límite posible os seus logros, todo iso para obter un trato exclusivo dos que os rodean.

Non é sorprendente que aqueles homes que se fan máis autofotos teñan unha tendencia narcisista, pero este estudo é o primeiro que o confirma. Segundo o titular da investigación, o profesor Jesse Fox, esta característica agrávase entre os que dedican moito tempo a editar as fotografías antes de compartilas.

Cando a autoestima depende do fisico?

O mesmo estudo da Universidade estadounidense mostra que os selfies están relacionados con aquelas persoas que se valoran máis a si mesmas pola súa aparencia física que por trazos de personalidade, habilidades ou logros, o que significa, que son persoas moi expostas ás opinións dos demais e que o seu estado emocional depende en boa medida do nivel de aceptación que teñan as súas fotografías.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

É importante que o representante político ou líder político teña tres contas rexistradas na mesma rede social, unha publica, unha profesional e unha persoal.

ilcanallarubens_infografiaFotografia_realidad_2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: