ை A antiga conservera Miau Alfageme un novo futuro centro comercial?

ilcanallarubens_ICR-Photographer_MiauAlfagemeEnPeligro_2015Este edificio que ven aquí era fabrícaa de conservas Miau Alfageme, este edificio encóntrase nestes momentos en perigo, levan dende o inicio deste ano xogando con este patrimonio da cidade de Vigo.

A parcela de Alfageme se subasta por 11 millóns para a súa urbanización.Tras a súa poxa fálase que un centro comercial, museo e xardíns nos terreos.

O desenvolvemento urbanístico de Alfageme tal e como aparece na ficha do Plan Xeral é complexo e contempla liberar ao edificio principal de todas as construcións anexas xerando un espazo libre de uso público arredor deste. A conservera tería usos comerciais na totalidade do edificio principal, que pode ser demolido no seu interior, conservando o exterior. Outra esixencia é que habería que deixar espazo para un museo da conserva, en 2.000 metros cadrados cedidos para tal fin. Unha idea formulada hai dez anos.

Na zona que delimita coa rúa Simancas eliminaríanse as edificacións existentes e aproveitarase o espazo xerado para gañar edificabilidade e construír edificios residenciais de entre cinco e nove alturas. Un deles, o máis alto, taparía a medianeira do sólido veciño. Entre a nave principal de Alfageme e as novas vivendas deixaríase un espazo libre que permitirá crear unha senda peonil para comunicar Beiramar e Tomás Alonso de seis metros de longo. Tamén se crearía outra senda peonil de dez metros de longo que comunicará a rúa Simancas co espazo interior definido na ordenación.

Outra carga: sobre Tomás Alonso irá situada unha reserva para equipamento co obxectivo de destinala a usos educativos que permitan o desenvolvemento dun programa de aulas de formación ambiental. Ademais, o Concello conseguiría o xardín, que pasaría a ser público.

O edificio é do arquitecto vigués Manuel Gómez Román en 1928. O proxecto inicial foi lixeiramente alterado debido a necesidades da empresa polo que coa modificación o edificio gaña o altura e a súa composición de fachadas vese lixeiramente modificada. O máis destacable son as súas dúas fachadas de granito (unha cara a Tomás Alonso e a outra cara ao mar), que conteñen todo o esforzo compositivo e destacan por ser iguais e simétricas. Supuxo unha inflexión na arquitectura de Gómez Román, nese momento dun estilo rexionalista, mostrando as posibilidades da pedra para edificios industriais de gran beleza.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: