ை A fabrica conservera Miau Alfageme victima dunha urbanización, prezo poxa inicial 11 millóns

ilcanallarubens_miaualfageme_2015
A administración concursal foi incapaz de conseguir un comprador e opta por ir ao Xulgado Mercantil á poxa.

A sede central da antiga conservera Alfageme. a sua parcela de Alfageme subhástase por 11 millóns para a súa urbanización, a sede central de Miau Alfageme que botou o peche fai xa catro anos, sairá a poxa pública tras non conseguir a súa venda os administradores concursais.

Alfageme dispón duns amplos terreos entre Tomás Alonso e Beiramar, onde se encontran varias parcelas edificables, aínda que se trata dunha urbanización que no seu desenvolvemento esixe “certas” medidas de “conservación” de espazos cousa que eu dubido bastante xa que na Detroit Viguesa non somos moi amantes de coidar o noso patrimonio así como tamen dubudio que haxa cesións ao concello por outros precedentes.

En teoría, moi interesante, e de feito no pasado foi obxecto de varias operacións urbanísticas o que eu denomino a LADY ESEPECULACIÓN.

A principios de século, cando os seus propietarios – a promotora Promeixela – esperaban facer caixa e deixar Vigo, todo o conxunto foi taxado en 40 millóns de euros. Unha cifra que agora mesmo resulta impensable ou non tan impesable xa que durante os ultimos meses pola cidade circulaban comisarios de grandes fortunas de Rusia.

Segundo puido coñecer o Atlantico Diario de fontes solventes din, o prezo no que agora sairía a poxa estará en torno a 10 ou 11 millóns de euros e malia iso non parece que non se vaia ser doado que algunha empresa promotora estea interesada no seu desenvolvemento, que pivota en torno a un centro comercial no principal edificio, a conservar nas súas fachadas.

A día de hoxe o edificio dunha arquitectura máis que fermosa que me lembra alguns que na actualidade na Irlanda teñen actividades culturais despois de haber servido para cousas referentes ao mar, o edificio está baleiro nestes intres cousa que e unha magoa tremenda que un edificio tan fermoso este nesas circunstancias tal como outros da cidade como O VELLO ASILO DE ANCIANS do barrio do cura, A PANIFICADORA, A ARTISTICA e etc…, este edificios no seu interior non queda nada xa que foron vendidos os seus todos os stocks e as maquinarias de produción da marca “Miau”, durante anos a conserveira foi punteira no mercado nacional e que chegou a facturar ata 80 millóns de euros.

A día de hoxe, o inmoble e os seus terreos pertencen á firma Bernardo Alfageme SA, que rematou en concurso e co peche da súa fábrica e do seu equipo, de 150 traballadores. Durante o proceso xudicial quedou fixado un privilexio especial de ligar a venda das súas instalacións a Banco Popular, con quen mantiña a súa maior débeda, e en menor medida con Abanca, sucesora de Novagalicia e á súa vez de Caixanova.

Os administradores xudiciais intentaron sen éxito durante varios anos conseguir un comprador pero foi inútil, e moito menos no prezo en que estaba taxado o conxunto. Ademais, resultaba moi complicada a operación porque había un recurso presentado polo último propietario contra a ficha urbanística aprobada polo concello, ao considerar que lle prexudicaba que non se considere como chan urbano de licenza directa, sen grandes cargas. Pero os tribunais rexeitaron o devandito recurso. Chegado a este punto, a decisión da administración concursal foi sacar todo o lote nunha poxa pública que terá que autorizar o Xulgado Mercantil 3 da provincia, con sede en Vigo. A proposta xa está pendente, pendente de fixar data mediante un auto do propio maxistrado Mercantil.

A parcela de Alfageme é moi ampla, dá a dúas rúas e unha quella e conta con varios elementos a conservar. Pero a firma interesado no desenvolvemento da ordenación prevista terá que gardar a fachada e o xardín. A o meu punto de vista todo tiña que quedar como esta e facer das instalacions un centro cultural tomando como exemplo o desembolvemento que se fixo na area portuaria da cidade irlandesa Dublin.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: