ை Baixo lupa esta á app chamada Youtube Kids

ilcanallarubens_apertura-youtube-kids_2015Está a extralimitarse Youtube cos anuncios que pon na súa app específica para nenos, Youtube Kids? Segundo varias organizacións de consumidores e grupos defensores dos menores en EEUU si, e por iso solicitaron os reguladores do país que investigue este asunto, segundo publica BBC. Estas enviaron unha carta á Comisión Federal do Comercio en EEUU (US Federal Trade Commission ou FTC) solicitando que analice se a citada app usa “prácticas de mercadotecnia enganosas”.

En concreto, refírense a determinadas canles existentes na aplicación que mostran contido realizado por compañías como McDonald’s e Fisher-Price que está dirixido a nenos e que, segundo as asociacións, mesturan anuncios e espectáculos baixo a marca destas compañías e destacando os produtos destas, algo que nas canles de televisións habituais non estaría permitido.

Dende Youtube apresuráronse a dicir que están “fortemente” en desacordo coas conclusións feitas públicas polos citados grupos.

A aplicación foi presentada o pasado mes de febreiro para dar unha maior tranquilidade aos pais xa que moitos nenos usan Youtube para ver vídeos e, aseguran dende a plataforma, os que alí se encontran están só dirixidos a este colectivo. A aplicación ademais incorpora varios controis parenterais, como un temporizador para que os pais configuren un período de tempo máximo de uso da aplicación, unha opción para axustar sons (os pais poden usar para desactivar a música de fondo e os efectos de son dos vídeos, por exemplo), e a desactivación da barra de busca, de modo que os nenos só poden ver os vídeos que se encontren na pantalla de inicio.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: