ை Os puntos de acceso libre a Internet nas rúas da Detorit Viguesa están abandonados á súa sorte.

Os dous primeiros, instalados hai sete anos na praza da Independencia e no paseo de Alfonso XII, non están activos.

ICR-Photographer_ilcnallarubens_puntointernetlibreVigo_2014O primeiro punto de acceso libre a Internet situado na rúa foi inaugurado polo alcalde Abel Caballero o 10 de xullo do 2008 na praza da Independencia, xunto a representantes da empresa JCDecaux. Na actualidade non é que non se permita o acceso á Rede, senón que nin sequera se acende unha mísera luz que dea sinais de vida.

A avaría non é de agora. Segundo os veciños, dende a súa posta en marcha, o aparato estivo máis tempo estragado que funcionando. E iso, din, que o día da súa estrea se vendeu a bombo e prato que se trataba da primeira experiencia dunha cidade galega.

O da praza de Independencia non é o único soporte avariado. No do paseo de Alfonso XII, posto en marcha ao mesmo tempo que o anterior, se ilumina a pantalla, pero de aí non logra pasar. Non só os mandos non responden, senón que despois dunha longa espera aparece como moito o aviso dun fallo no sistema.

A única caseta que permite informar na rúa de forma gratuíta é a situada xunto á parada de taxis do centro comercial A Laxe. O punto de información existente nun extremo da Alameda, outro modelo diferente aos anteriores, non sabe, non contesta.

Durante o acto de inauguración das dúas primeiras casetas, o goberno municipal anunciou a colocación progresiva doutras nove. Estarían situadas no Calvario, Príncipe, praza de España, praza de América e outros enclaves dos que nunca máis soubo.

En teoría o servizo tería que estar dispoñible 24 horas e para o seu acceso os usuarios non terían que facer nada especial. Simplemente acceder como dende calquera outra computadora. Non obstante, non resultou tan doado, ao queixarse os primeiros usuarios de que o reflexo da luz sobre a pantalla impedía ver a información e mesmo acceder a ela ao ser de manexo táctil. Iso, que dispón de alta luminosidade, con 1.300 candeas por metro cadrado, o que debería evitar os reflexos solares.

Noutras ocasións as queixas centráronse na continua interrupción do servizo ou na falta de mantemento, que ao estar situado na rúa, debería de ser permanente.

Os denominados soportes de información interactivos (modelo Gau Aulenti) foron instalados pola empresa concesionaria do mobiliario urbano JCDecaux. A idea inicial era situalos nas paradas dos autobuses urbanos para que os usuarios destes puidesen informarse ou simplemente entreterse durante o tempo de espera.

A pantalla é de dezasete polgadas con teclado táctil, ademais dun botón central, que actúa como un rato, xunto con outros dous botóns de menor tamaño situados a ambos os dous lados.

A tecnoloxía de ondas de superficie e conexión por USB son outras das características dos puntos de Internet abandonados á súa sorte.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: