ை 24 anos de Praza América

ilcanallarubens_prazaamerica_xardinesmonterorios_24ac3b1os_20151Hai 24 anos que se colocou a escultura de Silverio Rivas na praza de América e se inaugurou o túnel.

Onte 12 abril cara a 24 anos do grande agravio á porta de américa autentica, o 12 de abril 1991 a paisaxe urbana de Vigo sufriu un gran cambio, aínda visible hoxe en día e convertido tamén un dos seus sinais de identidade. Xunto a este texto vén unha fotografía, onde esta a autentica porta de américa e a que todos vostedes coñecedes da cidade de Vigo. A que coñecedes actualmente colocouse no 91 e o monumento foi deseñado por Silverio Rivas. Ten uns 14 metros de altura e 457 toneladas de peso á que acompañan outras dúas máis pequenas na Gran Vía e ao inicio da Avenida deCastelao. Poucos días despois abríase ao tráfico o túnel na mesma zona, un tunel que sufriría o peso de semellante mole de granito, coñécese hoxe en día que as previsións que se fixeron para que o monumento estivese arriba do tunel foron errados. Todo iso supuxo un investimento superior aos 350 millóns de pesetas o que seria hoxe en Euros 2.103.542 €, segundo os datos do concello vigués pero co paso do tempo se tubo que investir mais diñeiro porque a devandita fonte se estaba a afundir.

A autentíca e orixinal porta de américa pódena ver nos xardíns de Monteiro Ríos un lugar onde se pode descansar e facer pícnics. A chegada do monumento da fonte da praza de américa á cidade o 12 de abril de 1991, sufriu varios atrasos. Tívose que esperar á utilización dunha potente grúa que chegou procedente de Tui para poder realizar unha ‘manobra’ que era a máis importante que se executaba en Vigo en toda a súa historia, segundo recoñecían os enxeñeiros e técnicos. Unha loxística na que participaron unha gran cantidade de persoas e que obrigou a despregar unha grande infraestrutura.

As cousas non foron sinxelas para a instalación dunha escultura que nacera en 1990 cando se encargou a súa construción. Realizouse en granito rosa de Porriño (que máis tarde ou granito rosa porriño seria ou emblema dá cidade coa chegada dás humanizacións de Abel Caballero) e o seu deseñador, Silverio Rivas, foi o deseñador. Segundo explicou, tratábase de render unha homenaxe ao Océano Atlántico e a América. Pero tamén aos miles de emigrantes que utilizaron durante moitos anos o porto vigués como lugar de partida para buscar fortuna alén do mar.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Una respuesta a “ை 24 anos de Praza América

  1. Pingback:25 anos sendo puntos de encontro na cidade de Vigo | Rubens Rocha

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: