ை O 84 aniversario da proclamación da II República nas rúas de Vigo

ilcanallarubens_manifestacionrepublicanavigo2015O martes 14 de abril, foi o aniversario da proclamación da Segunda República. Como cada ano os nostálxicos e os seguidores da republica e algunhas persoas case a maioría delas nin sequera o viviron, saíron á rúa, baixo o bochorno que percorrían as rúas da cidade de Vigo a manifestación que saía dende o Farol da rúa Urzaizata a porta do sol, a manifestación foi convocada pola Asemblea Republicana e amig@s de republíca de Vigo.

A manifestación tivo unha asistencia moi frouxa comparándoa coa manifestación do pasado ano na que moita máis xente se envorcou tomando a rúa da Detroit Viguesa. Ao finalizar a manifestación leuse un manifesto como tamén soaron os himnos de republíca e o himno galego.
O manifesto dicía:

NÓS TÉMOLO CLARO¡¡¡ VIVA A REPÚBLICA¡¡¡

Agora que tanto se fala da necesidade de superar o réxime da chamada transición, esquécese , de forma premeditada, que esta adoptou unha forma monárquica, ergo, NON DEMOCRÁTICA. Onde haxa Rei non hai democracia, onde haxa cargos herdados non existe expresión da vontade popular. Porén esta idea basilar dos sistemas autenticamente democráticos, semella hoxe condenada caseque á marxinalidade.

As expectativas abertas coa abdicación de Juan Carlos Borbón cara un horizonte republicano, están agora, a pesares do descrédito da Coroa, máis lonxanas que hai un ano.

A desaparición da Monarquía, non está presente no pretendido discurso transformador das dinámicas electorais aparecidas ultimamente como única resposta alternativa ás maldades do sistema. Os debates, lexítimos desde logo e posiblemente necesarios, sobre as listas abertas, os códigos éticos, os revocatorios ou a corrupción invaden a area pública e concentran a atención da cidadanía. Preténdese así cambiar os usos do sistema en vez de erradicar os seus abusos. Tales dinámicas conforman a clave de bóveda que serve para explicar o silenciamento e desaparición progresiva que esta a sufrir a alternativa republicana como o escenario real desde o que se debe partir para abordar o cambio. Non hai transformacións verdadeiras se se expulsan dos espazos públicos os conflitos sociais, os movementos sociais, as loitas sociais, en suma, o debate politico e de ideas realmente transformadoras, e se opta por suplantalos e substituílos ou pola súa representación espectacular nas tertulias televisivas ou por medio de dinámicas electoralistas onde caiba todo.

NÓS TÉMOLO CLARO. Cremos que hai que REPUBLICANIZAR AS RÚAS E OS CONFLITOS e defender, mesmo a contracorrente agora , os valores republicanos como parte dunha estratexia imprescindible para acabar con esta Terceira Restauración Monárquica que padecemos.

Conceptos como os de liberdade, igualdade, fraternidade, Estado laico, dereito ao traballo, á vivenda, á sanidade e á educación publica, á igualdade de xénero, a loita contra o racismo, a xenofobia, o belicismo, o imperialismo e a defensa do ecoloxismo e do dereito das nacións sen estado para decidiren o seu futuro, son, entre outros, os valores que lle son propios á defensa da República.

Por todo isto, desde A ASEMBLEA REPUBLICANA DE VIGO damos as grazas aos vigueses e viguesas, asociacións sociais, culturais e veciñais, partidos e sindicatos a sua participacion nesta manifestacion con motivo do 84 aniversario da proclamación da II República.

¡¡¡ VIVA A REPÚBLICA ¡¡¡

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: