ை Vigo secundo o día de Acción Global para deter os Tratados de Libre Comercio e Investimentos

ICR-Photographer_Ilcanallarubens_NonoTTIP!_2015Máis de 550 cidades de 4 continentes… dixeron NON aos Tratados de Libre Comercio e Investimentos!!! NON AO TTIP!!!
Vigo foi unha das 550 cidades que secundo o día de Acción Global para deter os Tratados de Libre Comercio e Investimentos, a marcha arranco onte sábado dende o farol da entrada da rúa do Príncipe ás 20 h cuxo final tería na porta do sol, o lema escollido na marcha foi “As Persoas e o Planeta antes que o Capital! “.

A marcha foi convocada polo colectivo ECOAR o cal foi avalado por organizacións e plataformas como ADEGA, A Cova dos Ratos, ACOUGA, ANOVA Vigo-MosAsemblea de Movementos Sociais de Vigo, BNG, CIG, ContraMINAcción, Coordinadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres, Democracia Real Xa-Vigo, DesPensa, Entremos na Panificadora, EQUO Galiza, Esquerda Unida, Horta Comunal de Donas, Moeda Social Val Miñor, Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, Podemos Vigo, RSP-Vigo, TANKOllectif e Verdegaia, greenpeace, CGT e CNT máis outros que apuntaronse a ultima hora.

O manifesto que se leu dicía:

Nós, organizacións da sociedade civil, sindicalistas, campesiñas e campesiños, xuventude, homes e mulleres activistas de movementos de todas partes do mundo, esta marcha e co fin de parar os acordos de libre comercio e investimentos e promover unha economía que funcione para as persoas, e o medio ambiente.
Ao longo das últimas décadas, as empresas transnacionais e os gobernos impulsaron tratados de libre comercio e de investimentos ás costas da cidadanía, vulnerando os nosos dereitos e os do medio ambiente.
Ao longo das últimas décadas, loitamos pola soberanía alimentaria, polos nosos bens comúns, pola defensa dos nosos empregos, os nosos territorios, as liberdades en internet, mentres esixiamos democracia. No camiño, crecemos como movemento, logramos que escoiten as nosas voces e logramos moitas vitorias.
Entre todas podemos parar os acordos que se están negociado e traballar para revertir os impactos nocivos dos tratados pasados. Xuntas impulsamos as nosas alternativas que se fundamentan na primacía dos dereitos humanos por encima dos privilexios e beneficios das grandes empresas.
Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: