ை Streaming a moda da nova política e youtubers.

ilcanallarubens_streaming_2013_AGEeuropa_VigoTes un evento entre mans que queres que chegue a todo o planeta? Buscas darlle visibilidade a un determinado contido e non sabes cómo? Streaming é a palabra clave, unha tecnoloxía que xa leva anos democratizándose entre os internautas e os políticos da nova política xa que permite retransmitir un sinal de vídeo (obtida xa sexa cunha videocámara profesional, cun móbil ou co propio webcam do ordenador) a través da Rede para ser recibida por todo o planeta… ou uns poucos escollidos se así o prefires.

Ao principio era tremendamente complicado facer streaming, xa que requiría crear un servidor dende o que se emitise o sinal a Internet. Non tardaron en aparecer solucións que realizaban todo este proceso de forma automática. Non obstante, gran parte das plataformas de streaming que existe na actualidade están orientadas a retransmitir eventos corporativos en vivo e teñen custos autenticamente desorbitados. Pero, case ao mesmo tempo foron proliferando ferramentas gratuítas (ou polo menos con plans sen custo para usos domésticos) que cumpren á perfección coa súa tarefa, mesmo con máis calidade que os sistemas de pagamento.

Ustream.

Entre elas quizais a máis coñecida sexa Ustream, unha aplicación que conta con versión para escritorio e para dispositivos móbiles, tanto iOS coma Android. A través desta solución, podemos retransmitir en apenas uns poucos pasos dende calquera lugar, co único requirimento de contar cunha conexión Internet cun ancho de banda abondo. Todos os vídeos que se emitan aparecen reflectidos na súa web, aínda que logo poden embeberse ou inserirse doadamente coma se dun vídeo de YouTube se tratase.

Google Hangouts.

O xigante das buscas tamén ofrece a posibilidade de facer streaming a través de Google+ e a súa funcionalidade Hangouts, que se sincroniza con YouTube para que se poida compartir e gozar na popular plataforma de vídeos. Unha das súas grandes vantaxes fronte aos seus rivais é que poden unirse varias persoas a un mesmo streaming, facendo o que podería denominarse unha “emisión multicámara” ou en mosaico. Ademais, é completamente gratuíta para todos aqueles que teñan unha conta de Google.

Twitch.

Se o que che vai é facer streaming non de eventos ou sucesos da vida real senón de videoxogos e partidas online en tempo real, Twitch é a túa ferramenta. Trátase dunha plataforma de emisións en directo deste tipo de contidos que ademais conta cunha fervente comunidade de jugones e geeks moi activos que comentan todos e cada un dos vídeos que soben ao portal. Ademais, todos os vídeos quedan almacenados para que poidan ser recordados en calquera momento.

Younow.

Moitos coñeceredes esta plataforma polo seu anterior nome, BlogTV. Agora, baixo a súa nova marca comercial, YouNow segue ofrecendo un interesante servizo gratuíto de streaming, doado de utilizar grazas a senllas apps móbiles para iOS e Android. Trátase dunha aplicación que, por exemplo, está a obter un grande éxito entre o público novo e adolescente en Estados Unidos, os cales ademais poden comentar todos os vídeos en tempo real a través do chat que aparece na parte lateral da súa web.

Livestream.

Moi similar a Ustream, tamén dispón de apps para iOS e Android e permite transmitir vídeo en directo de forma gratuíta e ver o que outros están a compartir. Ao igual que no caso das anteriores, Livestream incorpora opcións de pagamento con funcionalidades avanzadas de control e para inserir estes ‘broadcasts’ en calquera páxina web profesional.

Livestream.

Moi similar a Ustream, tamén dispón de apps para iOS e Android e permite transmitir vídeo en directo de forma gratuíta e ver o que outros están a compartir. Ao igual que no caso das anteriores, Livestream incorpora opcións de pagamento con funcionalidades avanzadas de control e para inserir estes ‘broadcasts’ en calquera páxina web profesional.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: