ை Día Internacional da Nai Terra

ilcanallarubens_salvalatierra_2015_DiaMadreTierra22AbrilHoxe mércores, 22 de abril, cúmprense 45 anos do primeiro Día da Terra. Un día como hoxe, en 1970, o senador estadounidense Gaylord Nelson quixo crear unha conciencia común aos problemas ambientais, a raíz da súa frustración porque este tema tan delicado non ocupaba ningún lugar nas axendas dos políticos estadounidenses, así que decidiu crear o Día da Terra, fixado no 22 de abril.

Esta data coincidía con co aniversario de Vladimir Lenin, unha coincidencia que fixo pensar a moitos que o Día da Terra se trataba dunha conspiración comunista. “O obxectivo de Lenin era destruír a propiedade privada, obxectivo que tamén comparten os ambientalistas” alegou en 2004 a web Capitalism Magazine.

Non obstante, e a pesar destas acusacións, o primeiro día dedicado ao noso planeta en 1970 conseguiu unha participación de máis de vinte millóns de persoas en EE.UU e, hoxe en día, máis de mil millóns de persoas en 180 países son partícipes desta celebración, segundo os datos que achega Rogers.

En xeral, adóitase dicir que todos os días da nosa vida deberían estar dedicados ás actividades que se programan para este día, como consumir produtos ecolóxicos, concienciar os nosos achegados ou pasar un día na natureza, desconectando das tecnoloxías, para protexer, en certa forma, o medioambiente do noso planeta.

Existe un refrán que di “todos os días son o día da Terra”, non obstante, os defensores desta celebración alegan que se trata dun día concreto ao ano para conectar coa natureza e ser un pouco máis conscientes dos problemas que causamos no planeta con comportamentos habituais aos que non damos demasiada importancia. A saúde do noso planeta soamente depende de ti, conciénciate.

Grazas a que en 1970 se proclamou o 22 de abril como o Día da Terra, propiciado por unha preocupación crecente durante os anos 60, empezáronse a crear organismos, como por exemplo a Axencia de Protección Ambiental de EE.UU, e o ecoloxismo pasou de ser unha cuestión marxinal a unha preocupación xeral.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: