ை Chega a as costas de Canarias galletas de chapapote.

ilcanallarubens_nuncamais_vigoconcanarias_2015O fuel do Oleg Naydenov chegou á costa canaria. É a constatación visible dun desastre ambiental que é á súa vez consecuencia directa dos erros cometidos na cadea de decisións dende que o buque se incendiou. Prodúcese ademais nun espazo natural protexido pola Unión Europea pola presenza de tartarugas e o ameazado delfínmular. O tramo de costa afectado conforma o Parque Rural do Nublo, un espazo de singular riqueza biolóxica.

Galiza solidarízase co pobo canario ao igual que con greenpeace e o seu esforzo que esta desenvolvendo para a protección da illa e omedioambiente, Galiza no ano 2002 sufriu o maior atentado ambiental da súa historia ao afundirse o petroleiro PRESTIGE, a igual que paso en canarias Galiza a consecuencia directa dos erros cometidos na cadea de decisións dende que o buque empezou a romperse, naquel entón as decisións tómoas ALBAREZ CASCOS xunto ao que hoxe é o presidente de España MARIANO RAJOYnas tarefas de limpeza da costa estivo a botar moita xente canaria ao país.

Greenpeace desprazouse á zona afectada en canto se afundiu o Oleg para ser testemuñas e poder ofrecer información independente a toda a sociedade. A organizacion documentou a vertedura dende aire e dende o mar e hoxe estan na praia afectada (Veneguera, en Gran Canaria) para constatar a magnitude e as súas consecuencias no medio e a poboación local.

A greenpeace acompañárono investigadores da Universidade de Las Palmas, cos que tomaron mostras que serán analizadas. As mostras tomáronse en diferentes puntos posicionados por GPS e calculan os procesos que sufriron nesa distancia. Estudasen a dispersión física e biodegradación química do chapapote.

Agora mesmo, esta vertedura ten tres frontes abertas: a zona do afundimento, a mancha de case 200 km de extensión que se afasta ao sueste e a zona costeira de Mogán. Por iso din que e fundamental incrementar canto antes os efectivos para que poidan estar a actuar nos tres puntos e coñecer con antelación a posible chegada de novas manchas a terra. Ata agora, o Ministerio de Fomento é o que levou o peso do operativo, pero é esencial que o Ministerio de Medio se poña a traballar activamente.

Que o fuel do Oleg Naydenov chegase á costa canaria só é a constatación visible dun desastre ambiental que ten consecuencias desastrosas aínda que non o vexamos, afirma greenpeace. Chegue ou non á costa, 1.409 toneladas de fuel, 30 toneladas de gasóleo e 70 de lubricantes foron liberadas no fondo mariño, o cal vai ter un grande impacto na biodiversidade da zona tal como pasou na Galiza.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: