ை Monsanto, retratado diante da OMS.

ilcanallarubens_glifosato_nonaoTTIP_2015Finalmente e logo de anos de reclamos de cidadáns e organizacións ambientais e sociais de todo o mundo, a Organización Mundial da Saúde (OMS) anunciou hai poucos días que o glifosato, o herbicida máis vendido do mundo, podería xerar cancro.

Nas últimas dúas décadas aumentaron as sospeitas sobre a perigosidade do glifosato para os seres humanos. Non obstante, o que para vostedes e para min é un potente sinal de alarma, é para Monsanto, o seu principal produtor, a súa fonte de ingresos máis importante. E por iso buscan defender o produto máis alá de todas as informacións que nos alertan sobre os altos riscos do seu uso. En 2014, mentres este produto químico afectou preto de 90 millóns de hectáreas e miles de pobos latinoamericanos, os ingresos  de Monsanto foron de 15.900 millóns de dólares. O mesmo ano, en Arxentina utilizáronse máis de 200 millóns de litros de glifosato. Non podemos permitir que a cobiza sen límites desta multinacional norteamericana sexa máis importante que a saúde dos habitantes do mundo.

Os gobernos do mundo que toman seriamente a publicación da OMS están a discutir que facer. O glifosato que se encontre no aire, os ríos, a chuvia e os nosos alimentos podería xerar cancro. As autoridades deben desintoxicar os nosos campos e promover a agroecoloxía.

Monsanto está furioso tratando de desacreditar este estudo, as súas accións xa caeron un 2.9% dende que a OMS publicou a súa avaliación. Tristemente, o glifosato é só a punta do iceberg – é un das decenas de miles de insumos cos que a industria química logrou a adicción da nosa agricultura. Para protexer os agricultores, os consumidores de alimentos e o medio buscamos un mundo no que todos os insumos agroquímicos de empresas como Monsanto se eliminen e os gobernos poden establecer políticas que promovan a tecnoloxía e as prácticas da agricultura ecolóxica.

Hoxe, no día post da Terra, debemos aproveitar este impulso para protexela. O goberno de Brasil está a considerar re-avaliar a clasificación de toxicidade do glifosato para limitar o seu uso. É un primeiro paso pero aínda insuficiente.

Unha e outra vez, xente de todo o mundo loitaron contra Monsanto e os seus aliados para protexer o noso sistema alimentario. Aproveito esta oportunidade para dicir NON AO TTIP. E se é necesario marchemos novamente polas rúas para dicir basta xa.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: