ை Greenpeace mostra a súa preocupación por Canarias.

ilcanallarubens_nuncamais_vigoconcanarias_soscanarias_2015• A organización greenpeace considera que esta situación é consecuencia dunha cadea de malas decisións e demanda ao Goberno que intensifique os medios, pero polo visto o goberno español á fronte de Mariano Rajoy esta máis pendente de cambiar a súa estratexia de comunicación que polo que esta pasando nas costas canarias.

Esta mañá greenpeace volveu sobrevoar onde se afundiu o pesqueiro ilegal Oleg Naydenov para documentar a situación da vertedura. No voo, a bordo do helicóptero do Goberno de Canarias, constatamos a presenza dunha mancha densa de entre 4 e 5 quilómetros de lonxitude e que se segue estendendo cara a ao sur. Levan varios días desplazadose nas zonas costeiras afectadas, pide un incremento de medios para limpar tanto a zona costeira coma a mancha afastada cando as condicións o permitan.

A chegada de hidrocarburos ás costas fai imprescindible activar todos os medios técnicos e humanos para evitar que os impactos sexan máis graves. Ata agora, o Ministerio de Fomento é o que levou o peso do operativo, pero é esencial que o Ministerio de Medio se poña a traballar activamente, declarou o voceiro de Greenpeace Julio Barea dende a zona afectada.

O ámbito da praia de Veneguera é dos poucos espazos que quedan sen urbanizar na illa. Está incluído na Rede Natura 2000 (Franxa Mariña de Mogan), protexido pola Unión Europea pola presenza de tartarugas e o ameazado delfín mular ilcanallarubens_delfinmanchadodechapapote_canarias_2015(Tursiops truncatus). Ademais, este tramo da costa, conforma o Parque Rural do Nublo, un espazo singular onde coinciden varios valores naturais que xustifican a súa protección.

A escasas millas do porto de Puerto Rico (Sur de Gran Canaria) dun delfín mular adulto (Tursiops truncatus) coa aleta dorsal impregnada de petróleo e con outras manchas pequenas visibles no morro. A organización a rescatado varias tartarugas manchadas de chapapote.

O barco segue soltando fuel. E é crucial poñer máis medios para limpar a mancha e extraer o antes posible o fuel que quede nos tanques. Pola contra, é só cuestión de tempo que o fuel chegue á costa e o dano sexa aínda maior.
Por sorte nas últimas horas non se volveu reportar unha chegada importante de máis fuel ás costas, só pequenos regueiros de fuel moi dispersos. Onte sábado realizaron un recoñecemento marítimo pola costa entre o Porto de Mogán e o Cabo Descojonado, e puideron comprobar que os acantilados estaban moito mellor do que se podería esperar.

Pero a mancha de chapapote segue estendéndose polo océano, dende as 15 millas, fronte ás costas de Maspalomas, encontrándose xa a primeira mancha a preto de 200 millas da costa, segundo informou hoxe o Ministerio de Fomento. Chegue ou non á costa, os danos que pode sufrir o ecosistema mariño e costeiro son moi importantes se non se atalla a vertedura de inmediato.

Solicítase ao Ministerio de Fomento e o Goberno de Canarias que integren proactivamente nas tarefas de coordinación e vixilancia da vertedura aos colectivos e entidades sociais da illa, posto que son o que mellor coñecen o terreo e sofren de primeira man os impactos das verteduras.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: