ை Vigo flashback: A Cidade do Mar

Ilcanallarubens_ciudaddelmar_vigo_etea_teisCaños_2015Roldaba o 3 de maio de 2007 cando o presidente Touriño presentou a futura cidade do mar nos terreos da ETEA. A devandita cidade custaría 100 millóns, tería 125 grupos de investigación científica e segundo o dixo sería un referente mundial.

Os terreos portuarios da IEO acollería o campus científico-tecnolóxico da cidade do mar, o maior centro investigador, operativo e de servizos oceanográficos de España. Este proxecto da cidade do mar os representantes do Ministerio de Ciencia e Innovación (MICINN) asinaron un convenio naquel entón que permitirá a súa instalación na cidade, este proxecto contaría cun núcleo de importantes achegas dos investigadores españois en materia de ciencias mariñas.

A Cidade do Mar achegaría as investigacións mariñas á sociedade e ao mundo empresarial e económico de Vigo. Seria un proxecto urbanístico de gran complexidade que recuperaría para uso científico uns 41.000 m2 de zona portuaria que antes tiñan un uso totalmente militar (a ETEA). O lugar combinará instalacións científicas con espazos dedicados ao ocio e ao deporte.

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e o Instituto Español de Oceanografía (IEO) estarían estreitamente vinculados ao proxecto xunto ao apoio do MICINN, que tería dous compromisos principais: a creación do Centro Atlántico de Investigacións Mariñas (CUME), cuxo proxecto técnico está en fase de elaboración, e a constitución da Unidade Oceanográfica (UO), unha instalación técnica de xestión concibida como base oceanográfica.

A principal actividade da Cidade do Mar seria a investigación mariña que aglutiria os campos de estudo como a genómica, a biotecnoloxía mariña, ou a limnoloxía. O novo espazo tamén permitirá avanzar en áreas de coñecemento como a saúde, a enerxía ou a pesca.

Ademais, a Cidade do Mar proporcionaria soporte loxístico e tecnolóxico aos grandes buques oceanográficos españois, eacogeria, entre outros, ao Cornide de Saavedra, á Vide de Gamboa, ao Mytilus ou ao novo buque de 45 metros o IEO.

Dentro do novo centro, a Unidade Oceanográfica estariaconsiderada “Instalación Científica e Técnica Singular”, cuxo custo de construción rolda os 100 millóns de euros, que asumirán previsiblemente o MICINN e a Xunta de Galicia.

Potencial investigador de excelencia internacional

A Cidade do Mar seria a única infraestrutura española que agrupe todas estas funcións. Coa firma do convenio entre a Xunta de Galicia, o Concello de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigomaterialízase a dispoñibilidade dos terreos e regúlanse os seus accesos.

O proxecto “creará masa crítica investigadora e evitaria que a riqueza dos estudos mariños en España se fragmente”, explicou naquel entón Carlos Martínez Alonso, Secretario de Estado de Investigación.

Tamén aumentaria a visibilidade mundial dos estudos e investigadores galegos, impulsando o seu rol como “referencia internacional en materia de ciencias do mar”.

As ciencias mariñas “esconden algúns dos maiores descubrimentos científicos que están por vir”, dixo naquel entón Martínez.

Para o Secretario Xeral de Política Científica e Tecnolóxica daquel entón José Manuel Fernández de Labastida, a Cidade do Mar seria “unha demostración das grandes capacidades de investigación que ten a comunidade galega en ciencias do mar, un sector con enorme potencial investigador”.

O proxecto está parado, tanto que o presidente Feijóo xa pediu a delegada da Xunta en Vigo que prepare outro para os terreos da antiga Escola da Armada.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: