ை Vigo flashback: O túnel de Beiramar

ilcanallarubens_beiramar_vigo_2015

A construción do túnel de Beiramar, que agora avala a comunidade portuaria de forma expresa -tras aceptarse as súas alegacións sobre o tránsito de vehículos en superficie e sobre O Berbés- só se iniciará se hai un acordo institucional a tres bandas entre a Consellería de Medio, a Autoridade Portuaria e o Concello para garantir o seu financiamento. Noutro caso, o proxecto seguirá durmindo nun caixón, onde se encontra dende hai máis de seis anos, concretamente dende o 2006 cando foi presentado por CORINA PORRO.

Fontes da Consellería fixáronse no custo: uns 70 millóns de euros, que é o que supoñería construír a autovía Vigo-Morrazo, prioridade absoluta, e no modelo de colaboración doutras obras relevantes na zona urbana, comezando por Abrir Vigo ao Mar, froito da colaboración institucional. Na Coruña xa se executa unha actuación espectacular no bordo marítimo que conta co acordo e o respaldo de Xunta,Concello e Porto, que asinaron, o acordo. Neste caso, a Xunta achega 10 millóns para o túnel do Parrote (e dous o concello coruñés) en tanto que os 10 millóns do túnel de La Marina se financian entre o Concello de Coruña e o Porto.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Sería posible un pacto similar? Dende a Consellería de Medio só se apunta, pero non parece doado. Pola súa banda no Porto de Vigo mantense total mutismo -o presidente do ente non quixo falar ao respecto- e no concello insístese en que se trata dunha actuación que lle corresponde á Xunta. De feito foi inicialmente así pero en 2006, en pleno ciclo alcista.

A idea de Beiramar supoñería un cambio radical e que os 30.000 coches que a diario circulan pola franxa marítima poidan facelo con rapidez, en apenas cinco minutos para ir dende Teis ata Bouzas. Para iso habería que investir uns 70 millóns de euros para un tramo de 1.300 metros, que estendería o subterráneo actual que parte dende a confluencia de Sanjurjo Badía con García Barbón ata máis alá da rúa Coruña. O pleno do Concello de Vigo, por unanimidade, e os representantes da comunidade portuaria manifestáronse a favor do seu desenvolvemento. Non obstante o departamento de obras públicas da Administración autonómica mantén que para iso é necesario que se manifeste un consenso claro. En 2007 e 2008, cando a Xunta presentara o proxecto, a Federación de Usuarios do Porto e a Cooperativa de Armadores, formularon alegacións que paralizaron a execución do paso inferior que completaría a rolda do mar. Advertiron de que non podía eliminarse por completo a circulación na superficie de Beiramarporque condenaría o porto pesqueiro a quedar illado. A proposta foi aceptada pola Xunta, aínda que a partir de entón, coa crise e os axustes, retirou a actuación dos seus presupostos. Para 2015, cero euros.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Una respuesta a “ை Vigo flashback: O túnel de Beiramar

  1. Pingback:O tren do porto da Vila de Bouzas ou o túnel de Beiramar? ou os dous? o conto de nunca acabar | Rubens Rocha

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: